? Abrimos a #XanelaDiaria do xoves e vemos unha xornada post-frontal con nubes e claros e chuvascos no oeste de #Coruña e no leste de #Lugo e #Ourense. ? Temperaturas en descenso, tanto as máximas como as mínimas. #AbreAXanela 🙂
A Xanela Diaria: mércores 22 de Decembro
? Boa noite! Abrimos a #XanelaDiaria do mércores e vemos sol no norte e nubes e claros no sur. Vento do sur aumentando a súa intensidade anunciando a chegada dunha fronte. ? Temperaturas máximas en descenso e mínimas en ascenso. #AbreAXanela 🙂
A Xanela Diaria: martes 21 de Decembro
? Boa noite! Abrimos a #XanelaDiaria do martes e vemos algún chuvasco pola mañá no oeste, sen chuvias no resto con nubes altas. ? Ascenso marcado das máximas e das mínimas, valores preto dos 20º nas Rías Baixas e no entorno da Coruña. #AbreAXanela 🙂
A xanela diaria: luns 20 de Decembro
? Boa noite! Abrimos a #XanelaDiaria do luns e vemos nubes e claros con algúns chuvascos no sur principalmente. Ventos do surleste. ? Temperaturas en ascenso, especialmente as mínimas, xa non teremos tantas xeadas xeneralizadas. #AbreAXanela 🙂
FIN DE SEMANA: 18-19 DE DECEMBRO
() PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA SÁBADO: Moito sol en xeral. Ventos do leste frouxos agás en zonas altas onde haberá algún refacho moderado, pero sen importancia. Temperaturas en lixeiro descenso, máis fresco polo día e máis xeadas de madrugada. DOMINGO: Irán chegando nubes de tipo alto que anuncian cambios, que xa teremos o… Seguir lendo FIN DE SEMANA: 18-19 DE DECEMBRO
A Xanela Diaria: venres 17 de Decembro
? Boa noite! Abrimos a #XanelaDiaria do venres e vemos moito sol en xeral con algunha nube na Mariña e néboas nos vales do interior. ? Temperaturas en descenso, valores lixeiramente máis frescos. #AbreAXanela 🙂
A Xanela Diaria: xoves 16 de Decembro
? Abrimos a #XanelaDiaria do xoves e vemos de novo sol, con néboas matinais do interior e algunha nube baixa na Mariña. ? Temperaturas máximas en lixeiro descenso e mínimas sen cambios. #AbreAXanela 🙂
A Xanela Diaria: mércores 14 de Decembro
? Boa noite! Abrimos a #XanelaDiaria do mércores e vemos moito sol en xeral, agás na Mariña onde o nordés acumulará máis nubes baixas e néboas que tardarán en abrir en lugares típicos de #Lugo e #Ourense. ? Temperaturas máximas en ascenso polo que rondarán os 18-20ºC no oeste. Mínimas tamén en ascenso. #AbreAXanela 🙂
A Xanela Diaria: martes 14 de Decembro
? Abrimos a #XanelaDiaria do martes e vemos moito sol en xeral con algunha nube de estancamento na Mariña. Néboas en zonas do interior onde tardarán bastante en abrir. ? Termómetros en ascenso no oeste ata valores por riba dos 17ºC no oeste de #Coruña e #Pontevedra. Mínimas en descenso. #AbreAXanela 🙂
A Xanela Diaria: luns 13 de Decembro
? Abrimos a #XanelaDiaria do luns e vemos moito sol en xeral con néboas e zonas baixas do interior que irán rompendo pouco a pouco. ? Temperaturas en ascenso, máximas por riba dos 16-17ºC no oeste e norte de #Galicia. #AbreAXanela 🙂