A Xanela Diaria: Venres 5 de Novembro

? Abrimos a #XanelaDiaria do Venres e vemos nubes e claros con chuvascos no extremo norte que contra as primeiras horas da tarde se adentrarán tamén cara o interior, pero moi pouca cousa. ? As temperaturas máximas ascenden un chisco no norte mentras que no resto seguirán sen cambios, ao igual que as mínimas. Abrigádevos,… Seguir lendo A Xanela Diaria: Venres 5 de Novembro

A Xanela Diaria: Mércores 3 de Novembro

? Abrimos a #XanelaDiaria do Mércores e vemos ventos do noroeste moderados, chuvascos intermitentes, por veces acompañados de saraiba e treboadas no norte e aparece a NEVE por riba dos 1200 metros. ? As temperaturas baixan, ambiente xa bastante frío, o que ven tocando nesta época. #AbreAXanela 🙂

PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 30-31 DE OUTUBRO

? SÁBADO: Comezará tranquilo e con poucas chuvias trala noite complicada de hoxe, pero co avance do día novas precipitacións irán chegando de sur a norte, sendo máis persistentes e intensas no sur de #Galicia. O refachos serán moderados do suroeste e as temperaturas recuperaranse lixeiramente. ? DOMINGO: A verdade é que non sei nin… Seguir lendo PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 30-31 DE OUTUBRO

A Xanela Diaria: Venres 29 de Outubro

? Abrimos a #XanelaDiaria do Venres e vemos nubes e claros durante a maior parte da xornada pero a partir da tarde unha borrasca pasará por riba de #Galicia complicando moito a cousa por mor da chuvia especialmente, xa que os acumulados prometen ser especialmente elevados no sur e oeste. ? As temperaturas máximas seguen… Seguir lendo A Xanela Diaria: Venres 29 de Outubro

A Xanela Diaria: Xoves 28 de Outubro

? Abrimos a #XanelaDiaria do Xoves e vemos cambios en forma da entrada dunha fronte activa xa dende o mediodía polo oeste de #Coruña con chuvias localmente fortes que se irán adentrando en toda #Galicia pola tarde. ? As temperaturas diurnas, en descenso, mentras que as mínimas seguirán a subir. #AbreAXanela 🙂

A Xanela Diaria: Martes 26 de Outubro

? Abrimos a #XanelaDiaria do Martes e vemos unha xornada de moito sol, con néboas a primeiras horas no interior que romperán e darán paso a un ceo azul. ? As temperaturas diurnas en ascenso, 20-21ºC no sur e oeste de #Galicia, mentras que as mínimas baixarán, polo que irá frío pola mañá. #AbreAXanela 🙂

A Xanela Diaria: Luns 25 de Outubro

? Boa noite! Abrimos a #XanelaDiaria do Luns e vemos nubes e claros en xeral, con risco dalgún chuvasco moi feble e illado pero moi pouca cousa de caer algo, e sería pola mañá. Nubes baixas e néboas no interior que irán abrindo moi pouco a pouco. ? As temperaturas recupéranse lixeiramente, aínda que o… Seguir lendo A Xanela Diaria: Luns 25 de Outubro

PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 23-24 DE OUTUBRO

? SÁBADO: Nubes altas que se pasearán polo ceo Galego pero sen maior importancia. Non se agardan precipitacións, o vento soprará frouxo e as temperaturas máximas subirán un chisco, polo que o ambiente será máis temperado ca dias pasados, con valores rondando os 18-19ºC nas horas centrais na meirande parte de #Galicia. ? DOMINGO: Chega… Seguir lendo PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 23-24 DE OUTUBRO