A Xanela Diaria: Martes 4 de Maio

👉 Martes no que comeza a cambiar o conto. Os ventos do oeste van collendo protagonismo, polo tanto, a humidade será maior. O ceo alternarase con nubes e claros, nubes que irán a máis a partir de media tarde dende o norte Galego onde xa teremos algunha chuvia feble. 📉 As temperaturas seguen sen grandes… Seguir lendo A Xanela Diaria: Martes 4 de Maio

A Xanela Diaria: Luns 3 de Maio

👉 Abrimos semana con influencia plenamente anticiclónica. Moito sol en xeral, con algunha nube que medrará pola tarde no interior de Lugo e Ourense, pero que non deixará precipitacións. O vento soprará moderado do nordés no litoral norte, mentras que nas Rías Baixas será do noroeste, frouxo en xeral, aumentando coma sempre a súa intensidade… Seguir lendo A Xanela Diaria: Luns 3 de Maio

A Xanela Diaria: Domingo 2 de Maio

👉 O aire frío en altura vaise ir afastando pero non de todo. Nubes e claros con ceos máis abertos nas Rías Baixas. Pola tarde, aumentarán as nubes no interior de Lugo e Ourense, onde hai risco dalgún chuvasco, pero moi puntual. 📈 As temperaturas máximas vanse ir recuperando tras unha madrugada moi fría, con… Seguir lendo A Xanela Diaria: Domingo 2 de Maio

A Xanela Diaria: Sábado 1 de Maio

👉 Comezamos mes e seguimos con ambiente revolto. A probabilidade de chuvascos seguirá sendo elevada no norte e interior Galego, pero non serán gran cousa, bastante dispersos e que, de caer, acumularán pouca cantidade de auga. 📉 O que si temos que falar é de frío e de temperaturas baixas para a época, e, ademais,… Seguir lendo A Xanela Diaria: Sábado 1 de Maio

A Xanela Diaria: Venres 30 de Abril

👉 Por diante un Venres que será practicamente un calco do Xoves. Nubes e claros con posibilidade dalgún chuvasco, máis frecuentes e probables na metade norte de Coruña e Lugo, pero que co paso das horas se adentrarán tamén cara as comarcas do centro de Galicia. En todo caso, pouca cousa. 🟡 As temperaturas manteranse… Seguir lendo A Xanela Diaria: Venres 30 de Abril

A Xanela Diaria: Xoves 29 de Abril

👉 Xoves de nubes e claros, con risco dalgún chuvasco en calquer punto, en todo caso, non serán gran cousa e serán febles e dispersos. 📉 Seguen baixando as temperaturas, estamos nunha semana bastante máis fría, alí onde o vento norte sopre con refachos moderados, mesmo teremos sensación de frío Tede bo día! 🙂

A Xanela Diaria: Mércores 28 de Abril

👉 Mércores no que as nubes e os claros van ser os protagonistas da xornada. Nas Rías Baixas, o vento do norte vai limpar de nubes o ceo, polo que nesa zona haberá moito sol. No extremo sueste de Ourense, na fronteira con Portugal e con Castela e Leon, medrarán chaparróns pola tarde que descargarán… Seguir lendo A Xanela Diaria: Mércores 28 de Abril

A Xanela Diaria: Luns 26 de Abril

👉 Luns de nubes pero sen tanta inestabilidade coma na fin de semana. Aínda así, pola tarde volverán medrar nubes de evolución que descargarán chaparróns, pero desta volta máis restrinxidos cara o interior, non afectarán ao litoral. Como moito, poderían achegarse á Mariña Lucense. 📉 Chega unha masa de aire máis fresco e iso provocará… Seguir lendo A Xanela Diaria: Luns 26 de Abril