A Xanela Diaria: Mércores 14 de Abril

👉 Tralas chuvias do Martes, que caeron con intensidade moderada en boa parte de Galicia, temos por diante un Mércores moi tranquilo. Tan só hai que agardar o tránsito de nubes altas, sen maior importancia. No Xistral e na Mariña acumularase algunha nube de tipo baixo, debido ao forte nordés que zoará en toda a… Seguir lendo A Xanela Diaria: Mércores 14 de Abril

A Xanela Diaria: Martes 13 de Abril

👉 Por diante un Martes de moitas nubes, e mesmo tamén con chuvascos no centro e sur de Galicia, debido á chegada dunha pequena bolsiña de aire frío en altura, que incrementará a inestabilidade. Estas precipitacións caerán de xeito intermitente e con intensidade puntualmente moderada. No norte de Coruña e de Lugo, non se agardan… Seguir lendo A Xanela Diaria: Martes 13 de Abril

A Xanela Diaria: Luns 12 de Abril

👉 Comezamos semana con presenza de nubes medias e altas no ceo, que arestora son escasas pero irán a máis co avance do día, sen deixar precipitacións en ningún punto. O nordés vai ir calmando agás na costa da morte onde zoará con intensidade. Ademais, xa non teremos nubes baixas na Mariña. 📉 As temperaturas… Seguir lendo A Xanela Diaria: Luns 12 de Abril

A Xanela Diaria: Domingo 11 de Abril

👉 Domingo no que o vento vira a nordés, o cal soprará con intensidade moderada en toda Galicia ao longo da xornada, por veces vaino facer con forza. Con esta circulación, agárdanse chuvascos no extremo norte que mesmo poderían adentrarse, de xeito moi puntual, cara terras do interior de Coruña, Lugo e mesmo tamén no… Seguir lendo A Xanela Diaria: Domingo 11 de Abril

A Xanela Diaria (Martes 6 de Abril)

Bo día! Abrimos a #XanelaDiaria e vemos un Martes anubrado e con chuvascos na Mariña. No resto de #Galicia, moito sol. 📉Descenso térmico, aínda que no sur seguirán superando os 17-18ºC. No Xistral, haberá zonas que apenas ronden os 10/11ºC de máxima. #ComparteAXanela