PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 9-10 DE OUTUBRO

Por diante un Sábado e un Domingo de moito sol en xeral. A única diferenza é que o vento vai aumentar a súa intensidade e o nordés zoará con forza en toda a costa norte especialmente, o que atraerá nubes de tipo baixo á Mariña e tamén, no caso do Sábado, á contorna de Malpica.… Seguir lendo PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 9-10 DE OUTUBRO

A Xanela Diaria: Venres 8 de Outubro

👉 Abrimos a #XanelaDiaria do Venres e vemos outro diazo de sol, con vento moi frouxo en xeral, agás na Mariña onde o nordés soprará con algo máis de forza. 📈 As temperaturas, elevadas para a época. Máximas por riba dos 25/26ºC no sur e oeste de #Galicia especialmente. #AbreAXanela 🙂

A Xanela Diaria: Martes 5 de Outubro

👉 Abrimos a #XanelaDiaria do Martes e vemos como pouco a pouco a cousa vaise estabilizando. Pola mañá aínda teremos nubes e algúns chuvascos febles, máis probables no norte, pero que co paso das horas van ir remitindo, á vez que se van ir abrindo claros. Vento frouxo do noroeste. 📈 As temperaturas tamén se… Seguir lendo A Xanela Diaria: Martes 5 de Outubro

A Xanela Diaria: Luns 4 de Outubro

👉 Abrimos a #XanelaDiaria do Luns e vemos unha nova xornada marcada polos ventos do suroeste. Chuvascos frecuentes no oeste e moito máis espaciados e febles no interior. Contra a tardiña, chegará unha nova fronte. 📈 Temperaturas sen grandes cambios, aínda que subirán un chisco, tanto as máximas como as mínimas. #AbreAXanela 🙂

PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 2-3 DE OUTUBRO

🌧 SÁBADO: Típico ambiente pre-frontal con circulación do suroeste que irá gañando intensidade ao longo da xornada, pero que soprará con refachos fortes en xeral, máis intensos na costa norte. En canto ao estado do ceo, agárdanse ceos anubrados con precipitacións na marxe Atlántica, especialmente no prelitoral das Rías Baixas e extremo norte de #Coruña.… Seguir lendo PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 2-3 DE OUTUBRO

A Xanela Diaria: Venres 1 de Outubro

👉 Boa noite! Abrimos a #XanelaDiaria do Venres e vemos xa os primeiros cambios en forma de máis nubes no norte con incluso algunhas chuvias. Menor probabilidade de precipitación canto máis ao sur e con ceos máis abertos. 📉 As temperaturas volven baixar tralo ascenso de hoxe, polo que volveremos ao ambiente máis fresco. #AbreAXanela… Seguir lendo A Xanela Diaria: Venres 1 de Outubro