A Xanela Diaria: Martes 13 de Abril

ImaxeAXanela

? Por diante un Martes de moitas nubes, e mesmo tamén con chuvascos no centro e sur de Galicia, debido á chegada dunha pequena bolsiña de aire frío en altura, que incrementará a inestabilidade. Estas precipitacións caerán de xeito intermitente e con intensidade puntualmente moderada. No norte de Coruña e de Lugo, non se agardan chuvias.

? No tocante ás temperaturas, baixarán un chisco nas Rías Baixas pero, pola contra, subirán no norte, rexistrando os valores máximos na zona do Eume, Betanzos e Ferrolterra, onde, previsiblemente, superarán os 18ºC de máxima debido ao vento do leste-surleste, que chega a esas zonas seco e quente, tras atravesar a meirande parte de Galicia.

Tede un super Martes! ☺

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*