? Por diante un Xoves de moito sol en toda Galicia. Como moito, o nordés, que seguirá zoando con forza en toda a costa norte, acumulará algunha nube, escasa en todo caso, na serra do Xistral. Pola tarde, medrarán nubes de evolución no interior sur sen importancia, non se agardan chaparróns.
? En canto ás temperaturas, agárdase un descenso nas provincias de Coruña e Lugo, restaremos entre 1 e 2ºC respecto ás máximas acadadas o Mércores. Pola contra, en Ourense e Pontevedra o termómetro continuará sen variacións, superándose os 20ºC no val do Miño e Rías Baixas nas horas centrais.
Tede bo Xoves! ☺