A Xanela Diaria: Luns 3 de Maio

agora

? Abrimos semana con influencia plenamente anticiclónica. Moito sol en xeral, con algunha nube que medrará pola tarde no interior de Lugo e Ourense, pero que non deixará precipitacións. O vento soprará moderado do nordés no litoral norte, mentras que nas Rías Baixas será do noroeste, frouxo en xeral, aumentando coma sempre a súa intensidade pola tarde, pero moi tranquilo.

? As temperaturas van ir subindo e imos recuperándonos tralo ambiente frío da fin de semana. Os valores superarán os 19-20ºC no sur e Rías Baixas, polo que xa teremos máximas acordes coa época do ano.

Tede bo Luns! 🙂

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*