A Xanela Diaria: Martes 25 de Maio

axanela

? Xornada totalmente anticiclónica. Moito sol en xeral, pero co tránsito de nubes altas con simple función decorativa, xa que non choverá en ningún punto de Galicia.

? As temperaturas van volvendo a valores propios da época. Máximas de máis de 20ºC no sur e Rías Baixas e superando a franxa dos 24ºC a carón do Miño de Ourense e sur de Lugo, polo que xa poderemos falar de calorciño nestas zonas. Pola contra, na metade norte a variación respecto ás temperaturas de hoxe será moi pequena, polo que seguirán con máis fresco.

Tede un bo Martes! ?

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*