PRONÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA

FIN DE SEMANA

? PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA

☀ SÁBADO: Xornada plenamente anticiclónica. Algunhas nubes baixas no norte pola mañá que irán rompendo e que darán paso a un Sábado moi luminoso. Ademais, pola tarde no interior medrarán nubes de evolución que poderían dar lugar a algún chuvasco moi puntual en zonas altas de #Ourense e #Lugo. As temperaturas seguen o seu ascenso no sur, con máximas de ata 27ºC nas Rías Baixas e de 30ºC nos vales de Ourense.

☀ DOMINGO: Máis do mesmo, pero con menos nubes baixas no norte. Moito sol no resto coa única diferenza de que pola tarde, o risco dalgún chuvasco treboento en Ourense é maior, polo que ollo por alí, non fiarse do sol matinal, que vos hei de dicir eu ? Os termómetros seguen subindo, superarán ben os 30ºC no sur e rondarán este valor tamén nas Rías Baixas. Temperaturas más suaves conforme nos vaiamos desprazando cara o norte

Tede boa finde! ?

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*