A Xanela Diaria: Xoves 3 de Xuño

? Boa noite! Botamos unha ollada á #XanelaDiaria do Xoves e vemos unha xornada na que teremos moitas nubes aínda no norte e centro de #Galicia onde hai risco dalgún chuvasco moi feble. Os ceos estarán máis abertos canto máis preto das Rías Baixas nos atopemos.

?? Ademais, teremos dúas partes ben diferenciadas no que a temperaturas se refire. As temperaturas máximas van baixar moito na provincia de Lugo especialmente onde vai haber zonas, as máis altas, onde apenas cheguen a 10ºC. Pola contra, nas Rías Baixas o ambiente será moito máis agradable, rondando os 18-20ºC nas horas centrais da xornada.

Tede un bo Xoves! ☺

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*