A Xanela Diaria: Luns 7 de Xuño

? Comezaremos unha nova semana cun tempo practicamente calcado ao do Domingo. Moito sol no centro e sur de #Galicia pero con algunhas nubes, acumuladas polo nordés, na Mariña e tamén en Bergantiños.

? As temperaturas seguen o seu ascenso. Máis de 30ºC no Miño de #Ourense e sur de #Lugo. As brisas aparecerán nas Rías Baixas, impedindo que as temperaturas máximas sexan moi altas, polo que o ambiente será moi agradable. O ascenso tamén se dará no norte, temperaturas suaves, sen grandes calores.

Bo comezo de semana!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*