PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 12 E 13 DE XUÑO

? SÁBADO: Quedamos baixo a influencia dunha bolsa de aire frío en altura que, xunto coa calor acumulada, favorecerá a formación de nubes de treboada. Pola tarde daranse chaparróns treboentos no interior que seguramente cheguen tamén ao litoral sur das Rías Baixas.Pero é moi complicado pronosticar onde vai caer exactamente un chaparrón. Ascenso térmico moi marcado con máximas de máis de 30-32ºC no prelitoral das Rías Baixas e máis de 33-34ºC no interior.

⚡ DOMINGO: As treboadas semella que serán máis xeralizadas, de feito xa as haberá na madrugada no oeste e sur. Pola tarde aparecerán en case calquer punto de #Galicia. Ollo porque alí onde caian van ser fortes, non se descarta que veñan acompañadas de pedrazo. Baixan un chisco as temperaturas no sur (segue a calor) pero pola contra o ascenso será moi marcado no extremo norte.

Boa finde e ollo se vos pilla unha destas ?

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*