Sen título

(‼) PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA🌤

SÁBADO: Comezará moi anubrado en toda #Galicia e con chuvascos febles que poden caer en calquer punto. Co avance da tarde, irá abrindo o ceo polo oeste Galego pero non durará moito, xa que contra a noite irá chegando unha fronte, con novas chuvias. No interior, estes chuvascos son probables en calquer momento do día, pero non terán absolutamente nada que ver co de días pasados. As temperaturas seguen en valores frescos, sen grandes variacións.🌧

DOMINGO: Achégase unha borrasca con ventos do suroeste que aportará moitas nubes e humidade. Hai que agardar chuvias intermitentes, máis persistentes e abundantes no oeste e especialmente no prelitoral das Rías Baixas onde os acumulados poden ser bastante decentes para un mes de Xuño. Canto máis ao interior e nordés máis espaciados serán estes chuvascos. Vento moderado do suroeste e temperaturas aínda un chisco máis baixas.

Boa finde! 🙂

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*