A Xanela Diaria: Mércores 23 de Xuño

? Abrimos a #XanelaDiaria do Mércores e vemos unha xornada xa de anticiclón. Volve o vento do nordés, que soprará moderado e que acumulará nubes no litoral norte e especialmente, coma sempre, na Mariña onde teremos algúns chuvascos. Canto máis ao sur, ceos máis abertos con tránsito de nubes altas sen importancia.

? As temperaturas van subindo moi pouco a pouco no sur de #Galicia. No Baixo Miño, as temperaturas máximas rondarán os 22/23ºC. Sen grandes variacións no resto, polo que no norte sobretodo seguiremos falando de fresco, agudizado polo nordés.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*