(‼) PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA
☀ SÁBADO: Moito sol en xeral con algunha nube no norte, nada importante. Calor no sur especialmente con máximas por riba dos 30ºC no interior e rondando os 28ºC nas Rías Baixas.
? DOMINGO: Máis nubes no norte de #Coruña e #Lugo onde mesmo hai risco dalgún orballo contra a tardiña. No centro e sur máis sol pero non se descarta a chegada de brétemas costeiras ás Rías Baixas. Un chisco menos de calor, xa que baixan as temperaturas. Un aviso de que o comezo de semana será revoltiño.
Tede boa finde! 🙂