Fin de semana: 31 de Xullo-1 de Agosto

? PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA

? SÁBADO: Vento do oeste/noroeste, nubes e claros e mesmo tamén algún chuvasco no norte e oeste, máis probables pola mañá. Seguen baixando as temperaturas, ambiente frío para a época do ano, tanto nas temperaturas máximas como nas temperaturas nocturnas.

? DOMINGO: Vento do oeste frouxo, aporte húmido con nubes e claros e algún chuvasco feble en todo caso, máis probables no norte, xa que ao interior e ao sur apenas chegarán precipitacións. Ascenden un chisco as máximas mentras que as mínimas seguirán sen cambios, polo que pola noite unha chaquetiña non virá mal.

Tede boa finde!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*