PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 9-10 DE OUTUBRO

Por diante un Sábado e un Domingo de moito sol en xeral. A única diferenza é que o vento vai aumentar a súa intensidade e o nordés zoará con forza en toda a costa norte especialmente, o que atraerá nubes de tipo baixo á Mariña e tamén, no caso do Sábado, á contorna de Malpica. No resto, ceos despexados, con algunha nube alta sen importancia.

As temperaturas van baixar respecto a estes días, pero manteranse en valores elevados para a época do ano. As máximas seguirán superando os 24/25ºC no sur de #Galicia, polo que seguiremos falando de calor. Canto máis ao norte, menos temperatura pero, aínda así, nada de frío.

Que teñades tod@s unha finde incrible e chea de sorrisos! ?

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*