PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 23-24 DE OUTUBRO

? SÁBADO: Nubes altas que se pasearán polo ceo Galego pero sen maior importancia. Non se agardan precipitacións, o vento soprará frouxo e as temperaturas máximas subirán un chisco, polo que o ambiente será máis temperado ca dias pasados, con valores rondando os 18-19ºC nas horas centrais na meirande parte de #Galicia.

? DOMINGO: Chega unha fronte, bastante desfeita, pero que descargará algunhas precipitacións, localmente moderadas, principalmente no oeste, pero vamos, non agardedes gran cousa. Vira o vento a noroeste e polo tanto chega unha masa de aire máis fresco que fará descender novamente os termómetros durante o día, será unha xornada máis fresca.

Boa finde a tod@s!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*