FIN DE SEMANA: 18-19 DE DECEMBRO

(‼) PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA

☀ SÁBADO: Moito sol en xeral. Ventos do leste frouxos agás en zonas altas onde haberá algún refacho moderado, pero sen importancia. Temperaturas en lixeiro descenso, máis fresco polo día e máis xeadas de madrugada.

? DOMINGO: Irán chegando nubes de tipo alto que anuncian cambios, que xa teremos o Luns en forma dalgunhas chuvias. Ventos do leste frouxo, tendendo a aumentar a súa intensidade e virando a surleste pola noite. Máximas sen cambios e mínimas que poden baixar un chisco.

Boa finde!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*