A Xanela Diaria: Luns 27 de Setembro

? Abrimos a #XanelaDiaria do Luns e vemos nubes e claros no centro e norte de #Galicia, pero o lento avance da fronte que nos afectará esta madrugada, provocará que no interior sur especialmente as nubes e as precipitacións persistan algo máis. Aínda así, co avance do día irán remitindo eses chuvascos. ? Tralo paso… Seguir lendo A Xanela Diaria: Luns 27 de Setembro

PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 25-26 DE SETEMBRO

? SÁBADO: Vira o vento a suroeste, polo tanto hai que agardar unha xornada inestable, con chuvascos en calquera punto pero serán máis probables no sur de #Galicia, localmente moderados. Seguen baixando un pouco máis os termómetros. ? DOMINGO: Circulación de suroeste que gaña forza con refachos fortes no litoral e zonas altas. Achégase unha… Seguir lendo PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 25-26 DE SETEMBRO

A Xanela Diaria: Venres 24 de Setembro

? Boa noite! Abrimos a #XanelaDiaria do Venres e vemos chuvascos intermitentes pola tarde, con treboadas. Poden caer en calquera punto pero o risco é maior nas provincias Atlánticas. Vento intenso do nordés na costa norte, mentras que nas Rías Baixas calmará moito. ? As temperaturas máximas baixarán mentras que as mínimas subirán, pero tampouco… Seguir lendo A Xanela Diaria: Venres 24 de Setembro

A Xanela Diaria: Luns 20 de Setembro

? Boa noite! Abrimos a #XanelaDiaria do Luns e vemos chuvascos intermitentes no norte de #Coruña e #Lugo, máis frecuentes e e intensos na Mariña. Ceos máis despexados canto máis ao sur nos atopemos, en #Pontevedra e #Ourense non se agardan chuvascos. ? Descenso térmico na maior parte de #Galicia, máximas máis frescas agás nas… Seguir lendo A Xanela Diaria: Luns 20 de Setembro

A Xanela Diaria: Venres 17 de Setembro

? Abrimos a #XanelaDiaria do Venres e vemos unha xornada marcada polo paso dun sistema frontal que irá atravesando #Galicia ao longo do día deixando ao seu paso chuvias moderadas. Tras ela, abriranse grandes claros e xa moi pouco ou nada choverá. ? Coa fronte, chega unha masa de aire máis frío que de novo… Seguir lendo A Xanela Diaria: Venres 17 de Setembro

A Xanela Diaria: Mércores 15 de Setembro

? Abrimos a #XanelaDiaria do Mércores e vemos nubes e claros con algúns chuvascos no extremo norte pero tamén no interior de #Lugo e #Ourense, onde poderán vir con algunha treboada. ? As temperaturas manteranse sen grandes cambios, como moito baixarán un chisco no norte da comunidade. #AbreAXanela 🙂