? Abrimos a #XanelaDiaria do Luns e vemos sol no interior pero con brétemas costeiras rondando por toda a primeira liña de costa, o que provocará que o ambiente nesas zonas sexa máis gris ? As temperaturas baixan un chisco pero no interior seguirán en valores elevados, aínda que sen ser tan altas as máximas… Seguir lendo A Xanela Diaria: Luns 19 de Xullo
Categoría: axaneladiaria
A Xanela Diaria: Venres 16 de Xullo
? Boa noite! Abrimos a #XanelaDiaria do Venres e vemos unha xornada de moito sol en xeral, con algunha nube na Mariña que pode aparecer acumulada polo nordés. ? As temperaturas seguen subindo, máximas por riba dos 32ºC no sur e Rías Baixas e por riba dos 34/36ºC no Baixo Miño e #Ourense. #AbreAXanela
A Xanela Diaria: Xoves 15 de Xullo
? Abrimos a #XanelaDiaria do Xoves e vemos unha xornada de sol en toda #Galicia agás na Mariña onde o nordés poderá acumular algunhas nubes. ? As temperaturas ascenden a valores por riba dos 30ºC no interior sur e Rías Baixas, máximas propias da época do ano na que nos atopamos. #AbreAXanela
A Xanela Diaria: Martes 13 de Xullo
? Abrimos a #XanelaDiaria do Martes e vemos unha xornada de nubes e claros, con posibilidade de chuvascos no norte pola mañá principalmente. Ceo máis aberto canto máis ao sur. ? As temperaturas vanse recuperando pouco a pouco, manteranse aínda en valores baixos para a época pero pouco a pouco iremos despedindo o fresco. #AbreAXanela… Seguir lendo A Xanela Diaria: Martes 13 de Xullo
A Xanela Diaria: Luns 12 de Xullo
? Abrimos a #XanelaDiaria do Luns e vemos un comezo de semana con nubes e claros e con chuvascos, probables en calquera punto, pero estarán máis presentes no norte e oeste de #Galicia. Ao interior sur apenas chegarán precipitacións. ? Descenso moi marcado dos termómetros, especialmente no interior, onde haberá que restar ata 8-10ºC menos… Seguir lendo A Xanela Diaria: Luns 12 de Xullo
A Xanela Diaria: Venres 9 de Xullo
? Abrimos a #XanelaDiaria do Venres e vemos unha xornada de moito sol con algunha nube no norte, sen maior importancia. ? Temperaturas máximas en ascenso ata valores superiores aos 30ºC no val do Miño e rondando os 26ºC nas Rías Baixas. #AbreAXanela
A Xanela Diaria: Xoves 8 de Xullo
? Abrimos a #XanelaDiaria do Xoves e vemos como recuperamos a influencia anticiclónica. Teremos algunhas nubes no norte pero con ceo moi aberto no centro e sur de #Galicia. ? As temperaturas van subindo e xa superarán os 26ºC de máxima no Miño de #Ourense e os 24ºC nas Rías Baixas. Ambiente máis agradable. #AbreAXanela
A Xanela Diaria: Mércores 7 de Xullo
? Abrimos a #XanelaDiaria do Mércores e vemos unha xornada de nubes e claros con chuvascos, máis probables no norte e oeste de #Galicia. Ao interior sur apenas chegarán precipitacións. ? As temperaturas comezan a recuperarse pouco a pouco, pero de momento o ascenso será moi pequeno, polo que seguimos con ambiente fresco para a… Seguir lendo A Xanela Diaria: Mércores 7 de Xullo
A Xanela Diaria: Martes 6 de Xullo
? Abrimos a #XanelaDiaria do Martes e vemos unha xornada de nubes e claros con chuvascos máis probables e frecuentes nas provincias Atlánticas. Ás zonas máis interiores de #Lugo e #Ourense apenas chegarán precipitacións. ? Tralo paso da fronte, chega unha masa de aire máis fresco que fará descender os termómetros a valores baixos para… Seguir lendo A Xanela Diaria: Martes 6 de Xullo
A Xanela Diaria: Luns 5 de Xullo
? Abrimos a #XanelaDiaria do Luns e vemos unha xornada de moito vento do sur, previo a unha fronte que barrerá #Galicia pola tarde, con precipitacións moderadas. Aínda así, no interior antes da chegada desta liña teremos o ceo moi aberto, non será así no oeste onde o vento do sur xa aportará humidade e… Seguir lendo A Xanela Diaria: Luns 5 de Xullo