A Xanela Diaria: Martes 25 de Maio

? Xornada totalmente anticiclónica. Moito sol en xeral, pero co tránsito de nubes altas con simple función decorativa, xa que non choverá en ningún punto de Galicia. ? As temperaturas van volvendo a valores propios da época. Máximas de máis de 20ºC no sur e Rías Baixas e superando a franxa dos 24ºC a carón… Seguir lendo A Xanela Diaria: Martes 25 de Maio

A Xanela Diaria: Luns 24 de Maio

? Tralo paso da fronte durante a noite do Domingo e a madrugada do Luns, comezaremos semana cunha xornada marcada polas nubes e os claros, con chuvascos moi espallados pola xeografía Galega pero sen ser gran cousa, mesmo haberá zonas onde non choverá en todo o día. ? As temperaturas baixarán un chisco, pero non… Seguir lendo A Xanela Diaria: Luns 24 de Maio

A Xanela Diaria: Domingo 23 de Maio

? Domingo pre-frontal. Poucas nubes na meirande parte de Galicia pero a partir da tarde, co achegamento dunha fronte fría dende o Atlántico, comezará a anubrarse pola provincia de A Coruña, onde mesmo xa a partir de media tarde se darán as primeiras chuvias. O vento soprará forte do suroeste en toda a costa norte.… Seguir lendo A Xanela Diaria: Domingo 23 de Maio

A Xanela Diaria: Sábado 22 de Maio

? Sábado de chuvascos intermitentes, localmente intensos pero non hai que agardar gran cousa, máis frecuentes no norte e oeste de Galicia. ? As temperaturas seguen baixando polo que seguimos restando graos a un termómetro que xa estaba marcando valores baixos para a época. Tede bo día! ?

A Xanela Diaria: Venres 21 de Maio

? Venres de nubes e claros, con posibilidade de chuvascos en calquer punto. De caer, moi puntuais e moi pouca cousa. A maior parte da xornada será seca, e haberá zonas onde non chova en todo o día. ? O que si se vai notar vai ser o descenso térmico. Restaremos ata 6/8ºC ás temperaturas… Seguir lendo A Xanela Diaria: Venres 21 de Maio

A Xanela Diaria: Xoves 20 de Maio

? Por diante un Xoves que comezará moi luminoso pero que, co paso das horas, vaise ir anubrando no norte onde, a últimas horas, cairá xa algunha chuvia moi feble. No sur o sol durará todo o día, tan só decorado por algunha nube alta sen importancia. ? As temperaturas seguen subindo a valores diurnos… Seguir lendo A Xanela Diaria: Xoves 20 de Maio

A Xanela Diaria: Martes 18 de Maio

? E a chuvia volve de novo! Pero non durará todo o día. Comezará con nubes e precipitacións en boa parte de Galicia pero co paso das horas, o vento irá virando a norte e iso favorecerá que se vaian abrindo claros, á vez que as chuvias vaian remitindo. ? As temperaturas seguen subindo e… Seguir lendo A Xanela Diaria: Martes 18 de Maio

A Xanela Diaria: Luns 17 de Maio

? FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS! Luns marcado polas nubes e os claros, nubes máis presentes no norte e máis claros no sur. Pola mañá podería caer algunha pingueira no norte de Coruña e Lugo, pero moi puntual e residual. ? As temperaturas máximas subirán, ata valores de 18-20ºC no sur e mesmo superando ditos… Seguir lendo A Xanela Diaria: Luns 17 de Maio

A Xanela Diaria: Domingo 16 de Maio

? Trala fronte do Sábado, teremos unha xornada marcada polas nubes e os claros. Hai risco dalgún chuvasco, pero de caer sería moi puntual, pouca cousa e pasaxeiro. ? As temperaturas mínimas baixarán tralo ascendo drástico que tiveron onte, mentras que as máximas seguirán sen grandes cambios. Tede un bo remate de semana 🙂