? Abrimos a #XanelaDiaria do martes e vemos unha xornada de moito vento e con chuvias persistentes na primeira metade do día que pasarán a tipo chuvasco, localmente fortes e con treboadas, a partir da tarde. ? Temperaturas máximas en ascenso e mínimas en descenso. #AbreAXanela 🙂
A Xanela Diaria: Luns 6 de Decembro
? Abrimos a #XanelaDiaria do luns e vemos unha xornada gris con chuvias máis frecuentes nas provincias Atlánticas onde serán localmente moderadas. Día húmido. ? Ascenso térmico debido ao vento do suroeste que aportará aire máis temperado dende o mar. #AbreAXanela 🙂
PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 4-5 de Decembro
Situación entre as altas e as baixas presións ambos días. Ventos do noroeste, con refachos entre moderados/fortes na costa norte que aportarán humidade con nubes e algúns chuvascos que serán máis frecuentes no norte de #Galicia ao longo da fin de semana. Máis nubes o domingo pero non hai que agardar gran cousa en canto… Seguir lendo PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 4-5 de Decembro
A Xanela Diaria: Venres 3 de Decembro
? Abrimos a #XanelaDiaria do venres e vemos moitas nubes con chuvias febles que irán a máis na marxe atlántica. Menos nubosidade na mariña. ? Ventos do suroeste, polo tanto, ascenso térmico lixeiro, pero seguimos con ambiente frío. #AbreAXanela 🙂
A Xanela Diaria: Xoves 2 de Decembro
? Abrimos a #XanelaDiaria do xoves e vemos nubes e claros con chuvascos intermitentes, máis frecuentes e probables no norte. No sur apenas cairá nada. ? As temperaturas seguen baixando, tanto as máximas como as mínimas. #AbreAXanela 🙂
A Xanela Diaria: Mércores 1 de Decembro
? Boa noite! Abrimos a #XanelaDiaria do Mércores e vemos nubes e claros e chuvascos intermitentes, máis probables no norte e leste. ?Volven baixar os termómetros, ambiente frío que se acentuará polo vento moderado do noroeste. #AbreAXanela 🙂
A Xanela Diaria: martes 30 de Novembro
? Abrimos a #XanelaDiaria do martes e vemos nubes e claros no no oeste e norte con tendencia a cubrirse a partir da tarde e con algún chuvasco feble. Máis sol canto máis ao leste. ? Temperaturas máximas en ascenso e mínimas en descenso. #AbreAXanela 🙂
A Xanela Diaria: Mércores 24 de Novembro
? Abrimos a xanela diaria do Mércores e vemos moitas nubes con chuvascos na Mariña e tamén nas comarcas máis orientais. Algo podería escaparse no resto, pero moi moi feble. Vento do norte moderado. ? Temperaturas en lixeiro descenso e sensacións térmicas baixas debido ao intenso vento. #AbreAXanela 🙂
A Xanela Diaria: Martes 23 de Novembro
? Abrimos a #XanelaDiaria do Martes e vemos como os chuvascos se quedarán máis restrinxidos á Mariña, tendo nubes e claros no resto de #Galicia, con refachos do nordés intensos. ? Ascenso térmico lixeiro, pero sensacións térmicas baixas debido ao forte vento. #AbreAXanela 🙂
A Xanela Diaria: Luns 22 de Novembro
? Abrimos a #XanelaDiaria do Luns e vemos cambios en forma de chuvias frecuentes e localmente intensas no extremo norte, especialmente nas comarcas da Mariña. Menor probabilidade de chuvia canto máis ao sur. Ventos fortes do nordés no litoral norte, zonas expostas e altas. ? Temperaturas en descenso moi marcado, restaremos ata 6-8ºC menos ca… Seguir lendo A Xanela Diaria: Luns 22 de Novembro