A Xanela Diaria: Venres 22 de Outubro

? Abrimos a #XanelaDiaria do Venres e vemos circulación do nordés, con algúns chuvascos na Mariña e moito sol canto máis ao sur nos atopemos. ? As temperaturas máximas suben lixeiramente no sur mentras que as mínimas baixarán, será unha madrugada máis fría, polo que a primeira hora fará falta unha chaquetiña. #AbreAXanela 🙂

A Xanela Diaria: Martes 19 de Outubro

? Abrimos a #XanelaDiaria do Martes e vemos unha xornada de nubes altas en xeral, sen precipitacións, pero con refachos fortes de vento do sur/suroeste. ? As temperaturas, en ascenso. Calor para a época do ano e máximas por riba dos 26ºC no interior e norte de #Galicia especialmente. #AbreAXanela 🙂

A Xanela Diaria: Luns 18 de Outubro

? Boa noite! Abrimos a #XanelaDiaria do Luns e vemos nubes e claros en xeral, máis cuberto pola mañá no oeste Galego pero con tendencia a ir abrindo. Vento moderado do suroeste. ? Temperaturas máximas por riba dos 25ºC no interior e tamén na Mariña Lucense, debido ao vento sur. #AbreAXanela 🙂

PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 16-17 de Outubro

? SÁBADO: Revólvese un pouco a situación debido a un pequeno centro de baixas presións. Hai que agardar un aumento da nubosidade ao longo da mañá e a chegada de precipitacións intermitentes na segunda metade do día. Non serán gran cousa e estarán mais ben centradas no norte e oeste de #Galicia. Os ventos soprarán… Seguir lendo PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 16-17 de Outubro

PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 9-10 DE OUTUBRO

Por diante un Sábado e un Domingo de moito sol en xeral. A única diferenza é que o vento vai aumentar a súa intensidade e o nordés zoará con forza en toda a costa norte especialmente, o que atraerá nubes de tipo baixo á Mariña e tamén, no caso do Sábado, á contorna de Malpica.… Seguir lendo PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 9-10 DE OUTUBRO

A Xanela Diaria: Venres 8 de Outubro

? Abrimos a #XanelaDiaria do Venres e vemos outro diazo de sol, con vento moi frouxo en xeral, agás na Mariña onde o nordés soprará con algo máis de forza. ? As temperaturas, elevadas para a época. Máximas por riba dos 25/26ºC no sur e oeste de #Galicia especialmente. #AbreAXanela 🙂