? Boa noite! Abrimos a #XanelaDiaria do Mércores e vemos moito sol con algunha nube alta sen importancia. ? Ascenso térmico, máximas de máis de 23/24ºC xa no sur e oeste de #Galicia. Ambiente máis cálido. #AbreAXanela 🙂
A Xanela Diaria: Martes 5 de Outubro
? Abrimos a #XanelaDiaria do Martes e vemos como pouco a pouco a cousa vaise estabilizando. Pola mañá aínda teremos nubes e algúns chuvascos febles, máis probables no norte, pero que co paso das horas van ir remitindo, á vez que se van ir abrindo claros. Vento frouxo do noroeste. ? As temperaturas tamén se… Seguir lendo A Xanela Diaria: Martes 5 de Outubro
A Xanela Diaria: Luns 4 de Outubro
? Abrimos a #XanelaDiaria do Luns e vemos unha nova xornada marcada polos ventos do suroeste. Chuvascos frecuentes no oeste e moito máis espaciados e febles no interior. Contra a tardiña, chegará unha nova fronte. ? Temperaturas sen grandes cambios, aínda que subirán un chisco, tanto as máximas como as mínimas. #AbreAXanela 🙂
PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 2-3 DE OUTUBRO
? SÁBADO: Típico ambiente pre-frontal con circulación do suroeste que irá gañando intensidade ao longo da xornada, pero que soprará con refachos fortes en xeral, máis intensos na costa norte. En canto ao estado do ceo, agárdanse ceos anubrados con precipitacións na marxe Atlántica, especialmente no prelitoral das Rías Baixas e extremo norte de #Coruña.… Seguir lendo PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 2-3 DE OUTUBRO
A Xanela Diaria: Venres 1 de Outubro
? Boa noite! Abrimos a #XanelaDiaria do Venres e vemos xa os primeiros cambios en forma de máis nubes no norte con incluso algunhas chuvias. Menor probabilidade de precipitación canto máis ao sur e con ceos máis abertos. ? As temperaturas volven baixar tralo ascenso de hoxe, polo que volveremos ao ambiente máis fresco. #AbreAXanela… Seguir lendo A Xanela Diaria: Venres 1 de Outubro
A Xanela Diaria: Xoves 30 de Setembro
? Abrimos a #XanelaDiaria do Xoves e vemos un ceo con nubes de tipo alto, sen importancia. Xornada moi tranquila con vento do norte frouxo. ? As temperaturas, en ascenso. Máximas por riba dos 23-24ºC no sur de #Galicia. #AbreAXanela 🙂
A Xanela Diaria: Mércores 29 de Setembro
? ! Abrimos a #XanelaDiaria do Mércores e vemos algúns chuvascos febles pola mañá no norte e nubes e claros, sen chuvias, no resto, con vento do norte frouxo. ? Recupéranse lixeiramente as temperaturas, sen grandes cambios. #AbreAXanela 🙂
A Xanela Diaria: Martes 28 de Setembro
? Abrimos a #XanelaDiaria do Martes e vemos moito sol en xeral con algunha nube alta sen importancia. ? As temperaturas baixan, especialmente as temperaturas mínimas, polo que o ambiente será máis fresco, especialmente a primeira hora. #AbreAXanela 🙂
A Xanela Diaria: Luns 27 de Setembro
? Abrimos a #XanelaDiaria do Luns e vemos nubes e claros no centro e norte de #Galicia, pero o lento avance da fronte que nos afectará esta madrugada, provocará que no interior sur especialmente as nubes e as precipitacións persistan algo máis. Aínda así, co avance do día irán remitindo eses chuvascos. ? Tralo paso… Seguir lendo A Xanela Diaria: Luns 27 de Setembro
PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 25-26 DE SETEMBRO
? SÁBADO: Vira o vento a suroeste, polo tanto hai que agardar unha xornada inestable, con chuvascos en calquera punto pero serán máis probables no sur de #Galicia, localmente moderados. Seguen baixando un pouco máis os termómetros. ? DOMINGO: Circulación de suroeste que gaña forza con refachos fortes no litoral e zonas altas. Achégase unha… Seguir lendo PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 25-26 DE SETEMBRO