A Xanela Diaria: Xoves 1 de Xullo

👉Abrimos a #XanelaDiaria do primeiro de Xullo e vemos nubes altas paseándose polo ceo, con nubes de tipo baixo rondando a costa norte e tamén a posibilidade de brétemas costeiras nas Rías Baixas. 📈 As temperaturas subirán en toda #Galicia agás nas Rías Baixas onde o vento do oeste impedirá dito ascenso e mesmo que… Seguir lendo A Xanela Diaria: Xoves 1 de Xullo

A Xanela Diaria: Martes 29 de Xuño

👉 Abrimos a #XanelaDiaria do Martes e vemos nubes e claros no norte e ceos máis abertos canto máis ao sur nos atopemos. Hai risco dalgún chuvasco moi feble no norte de #Coruña e #Lugo pola mañá. 📈 As temperaturas iranse recuperando pouco a pouco e no sur e Rías Baixas xa se superarán os… Seguir lendo A Xanela Diaria: Martes 29 de Xuño

A Xanela Diaria: Luns 28 de Xuño

👉 Abrimos a #XanelaDiaria do Luns e vemos nubes e claros con posibilidade dalgún chuvasco moi feble no norte de #Galicia. No resto non se agardan precipitacións. 📈 En canto ás temperaturas, segue o ambiente fresco para a época do ano. De momento NON se ve anticiclón persistente de ningún tipo, a calor nin está… Seguir lendo A Xanela Diaria: Luns 28 de Xuño

A Xanela Diaria: Venres 25 de Xuño

👉 Abrimos a #XanelaDiaria do Venres e vemos unha xornada de moito sol en toda #Galicia agás na Mariña onde o nordés acumulará algunhas nubes de tipo baixo. 📈 Calor no sur e oeste, con máximas superiores aos 28-29ºC en boa parte da provincia de #Ourense e de #Pontevedra. Valores máis contidos canto máis ao… Seguir lendo A Xanela Diaria: Venres 25 de Xuño

A Xanela Diaria: Xoves 24 de Xuño

👉 Abrimos a #XanelaDiaria do Xoves e vemos moito sol en toda #Galicia agás na Mariña onde o nordés acumulará algunha nube baixa, mais non debería de estar cuberto. 📈 As temperaturas máximas superarán xa os 26-27ºC no sur e Rías Baixas, ascenso térmico marcado que nos vai achegando a valores propios da época do… Seguir lendo A Xanela Diaria: Xoves 24 de Xuño

A Xanela Diaria: Mércores 23 de Xuño

👉 Abrimos a #XanelaDiaria do Mércores e vemos unha xornada xa de anticiclón. Volve o vento do nordés, que soprará moderado e que acumulará nubes no litoral norte e especialmente, coma sempre, na Mariña onde teremos algúns chuvascos. Canto máis ao sur, ceos máis abertos con tránsito de nubes altas sen importancia. 📈 As temperaturas… Seguir lendo A Xanela Diaria: Mércores 23 de Xuño

A Xanela Diaria: Martes 22 de Xuño

👉 Abrimos a #XanelaDiaria do Martes e vemos unha xornada de vento do norte con nubes e chuvascos intermitentes, frecuentes e máis intensos en #Coruña e #Lugo e máis espallados conforme nos acheguemos ás Rías Baixas, que será a zona con menor risco de precipitación de #Galicia. Algo vai caer, pero pouca cousa. 📈 As… Seguir lendo A Xanela Diaria: Martes 22 de Xuño

A Xanela Diaria: Luns 21 de Xuño

👉 Abrimos a #XanelaDiaria do Luns e vemos unha xornada marcada polos chuvascos intermitentes e o vento do noroeste. Estaremos influenciados aínda pola borrasca que nos afectou hoxe, polo que o ambiente continuará inestable. 📈 Aínda así, as temperaturas van ir recuperando paseniñamente e xa haberá lugares do sur e oeste de #Galicia que superen… Seguir lendo A Xanela Diaria: Luns 21 de Xuño