? Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do venres e vemos moito sol en xeral, agás na Mariña e na zona de Bergantiños onde o nordés acumulará algunhas nubes. ? Calor no sur con máis de 30ºC nas zonas habituáis. #AbreAXanela, e comparte! 🙂
A xanela diaria: xoves 9 de xuño
? Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do xoves e vemos sol en xeral con algunha nube alta, sen máis. ?Ascenso térmico e calor, de momento contido, no centro e sur de #Galicia. #AbreAXanela, e comparte! 🙂
A xanela diaria: mércores 8 de xuño
? Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do mércores e vemos ceos moi anubrados con chuvias febles intermitentes. Pobres acumulados en xeral. ? Descenso térmico diurno e ascenso das mínimas. #AbreAXanela, e comparte! 🙂
A xanela diaria: martes 7 de xuño
? Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do martes e vemos bastante sol con nubes medias e altas decorando o ceo, sen chuvias en ningún punto de #Galicia. ? As temperaturas recupéranse, polo que o ambiente será máis temperado ca estes días, pero non vai ir calor. #AbreAXanela, e comparte!! 🙂
A xanela diaria: luns 6 de xuño
? Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do luns e vemos algúns chuvascos, pola mañá especialmente e máis frecuentes no oeste. Haberá zonas do interior e norte onde non caia nada. ? Temperaturas sen cambios ou en lixeiro descenso. #AbreAXanela, e comparte! 🙂
A xanela diaria: venres 3 de xuño
? Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do venres e vemos chuvascos fortes no interior e prelitoral, con treboadas e con saraiba por momentos. Ventos frouxos. ? Temperaturas sen cambios ou en lixeiro ascenso. #AbreAXanela, e comparte! 🙂
A xanela diaria: xoves 2 de xuño
? Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do xoves e vemos, de novo, risco de chuvascos intermitentes, por veces fortes e con algunhas treboadas. ? Temperaturas sen cambios. #AbreAXanela, e comparte! 🙂
A xanela diaria: mércores 1 de xuño
? Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do mércores e vemos chuvascos intermitentes, probables en calquer punto de #Galicia e que poderían vir con algunhas treboadas. ? Ascenso térmico lixeiro. #AbreAXanela, e comparte! 🙂
A xanela diaria: martes 31 de maio
? Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do martes e vemos chuvascos intermitentes, localmente intensos e non se descarta algunha treboada. ?Temperaturas máximas en ascenso no norte, sen cambios no resto. #AbreAXanela, e comparte! 🙂
A xanela diaria: luns 30 de maio
? Boa noite! Abrimos a #xaneladiaria do luns e vemos nubes e claros con risco dalgún chuvasco feble, especialmente no suroeste, pouca cousa mañá. ? Temperaturas en descenso, máximas máis fresquiñas, esquecémonos da calor forte de xornadas pasadas. #AbreAXanela, e comparte! 🙂