A Xanela Diaria: Martes 1 de Xuño

? Boa noite! Abrimos de par en par a #XanelaDiaria e miramos directamente cara o primeiro día do mes de Xuño, cando se da por comezado o Verán meteorolóxico. Desta volta, teremos que falar dun Martes con máis nubes no ceo, especialmente no litoral, con brétemas rondando. Pola tarde, medrarán nubes de evolución no leste… Seguir lendo A Xanela Diaria: Martes 1 de Xuño

A Xanela Diaria: Luns 31 de Maio

Abrimos a #XanelaDiaria e imos cara un Luns que comezará con moito sol en todo o interior Galego pero, na costa, especialmente no litoral das Rías Baixas, xa comezarán a rondar as néboas costeiras. Pola tarde, no interior de #Lugo e #Ourense, medrarán nubes de evolución que descargarán chuvascos treboentos. Ascenso térmico en toda Galicia,… Seguir lendo A Xanela Diaria: Luns 31 de Maio

PRONÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA

PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA SÁBADO: Xornada plenamente anticiclónica. Algunhas nubes baixas no norte pola mañá que irán rompendo e que darán paso a un Sábado moi luminoso. Ademais, pola tarde no interior medrarán nubes de evolución que poderían dar lugar a algún chuvasco moi puntual en zonas altas de #Ourense e #Lugo. As… Seguir lendo PRONÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA

A Xanela Diaria: Venres 28 de Maio

? Venres marcado polo sol no 90% de Galicia. No extremo norte de Coruña Lugo teremos algunhas nubes baixas sen importancia. Pola tarde, no interior de Lugo e Ourense, medrarán nubes de evolución que poderían descargar algún chuvasco treboento moi local e puntual. ? As temperaturas seguen en valores cálidos no interior, con 30ºC nos… Seguir lendo A Xanela Diaria: Venres 28 de Maio

A Xanela Diaria: Xoves 27 de Maio

? Xornada marcada polo paso de nubes medias e altas, sen consecuencia algunha. A única novidade é que a partir da tarde chegarán nubes de tipo baixo ao noroeste de Coruña (Bergantiños, Fisterra…) e tamén ás Rías Baixas, tipo brétema costeira. ? As temperaturas seguen subindo e os 30ºC están garantizados no val do Miño.… Seguir lendo A Xanela Diaria: Xoves 27 de Maio

A Xanela Diaria: Mércores 26 de Maio

? Mércores moi tranquilo, con moito sol pero co paso de nubes altas, sen importancia, simple función decorativa e de poñer o ceo máis branco. ? As temperaturas seguen o seu ascenso e xa se achegarán aos 30ºC no val do Miño de Ourense. Nas Rías Baixas superaranse os 23/24ºC de valor máximo. Iso si,… Seguir lendo A Xanela Diaria: Mércores 26 de Maio

A Xanela Diaria: Martes 25 de Maio

? Xornada totalmente anticiclónica. Moito sol en xeral, pero co tránsito de nubes altas con simple función decorativa, xa que non choverá en ningún punto de Galicia. ? As temperaturas van volvendo a valores propios da época. Máximas de máis de 20ºC no sur e Rías Baixas e superando a franxa dos 24ºC a carón… Seguir lendo A Xanela Diaria: Martes 25 de Maio

A Xanela Diaria: Luns 24 de Maio

? Tralo paso da fronte durante a noite do Domingo e a madrugada do Luns, comezaremos semana cunha xornada marcada polas nubes e os claros, con chuvascos moi espallados pola xeografía Galega pero sen ser gran cousa, mesmo haberá zonas onde non choverá en todo o día. ? As temperaturas baixarán un chisco, pero non… Seguir lendo A Xanela Diaria: Luns 24 de Maio

A Xanela Diaria: Domingo 23 de Maio

? Domingo pre-frontal. Poucas nubes na meirande parte de Galicia pero a partir da tarde, co achegamento dunha fronte fría dende o Atlántico, comezará a anubrarse pola provincia de A Coruña, onde mesmo xa a partir de media tarde se darán as primeiras chuvias. O vento soprará forte do suroeste en toda a costa norte.… Seguir lendo A Xanela Diaria: Domingo 23 de Maio

A Xanela Diaria: Sábado 22 de Maio

? Sábado de chuvascos intermitentes, localmente intensos pero non hai que agardar gran cousa, máis frecuentes no norte e oeste de Galicia. ? As temperaturas seguen baixando polo que seguimos restando graos a un termómetro que xa estaba marcando valores baixos para a época. Tede bo día! ?