? Boa noite! Abrimos a #XanelaDiaria do Luns e vemos unha xornada de nubes e claros no norte de #Coruña e #Lugo pero con moito sol no resto. ? As temperaturas máximas van subindo e chegarán aos 24ºC nas Rías Baixas e a 26/28ºC no val do Miño de #Ourense. #AbreAXanela
Etiqueta: abreaxanela
A Xanela Diaria: Venres 23 de Xullo
? Boa noite! Abrimos a #XanelaDiaria do Venres e vemos unha xornada de chuvascos, por veces moderados e que serán máis frecuentes no oeste e norte, ao interior sur apenas chegarán. ? Descenso térmico, que se notará especialmente nas temperaturas máximas do interior de #Galicia #AbreAXanela ?
A Xanela Diaria: Mércores 21 de Xullo
? Abrimos a #XanelaDiaria do Mércores e vemos moito sol no centro e sur de #Galicia, desaparecen as néboas das Rías Baixas pero quedan as nubes baixas no norte. ? Recupéranse as temperaturas no sur, máximas por riba dos 30-32ºC no val do Miño de Ourense e sur de #Lugo. #AbreAXanela 🙂
A Xanela Diaria: Martes 20 de Xullo
? Moi boa noite! Miramos a través da #XanelaDiaria e vemos un Martes con algunhas néboas no litoral e ambiente máis aberto no interior. ? Seguen baixando un chisco os termómetros, esquecémonos da calor forte de días pasados. #AbreAXanela 🙂
A Xanela Diaria: Venres 16 de Xullo
? Boa noite! Abrimos a #XanelaDiaria do Venres e vemos unha xornada de moito sol en xeral, con algunha nube na Mariña que pode aparecer acumulada polo nordés. ? As temperaturas seguen subindo, máximas por riba dos 32ºC no sur e Rías Baixas e por riba dos 34/36ºC no Baixo Miño e #Ourense. #AbreAXanela
A Xanela Diaria: Martes 13 de Xullo
? Abrimos a #XanelaDiaria do Martes e vemos unha xornada de nubes e claros, con posibilidade de chuvascos no norte pola mañá principalmente. Ceo máis aberto canto máis ao sur. ? As temperaturas vanse recuperando pouco a pouco, manteranse aínda en valores baixos para a época pero pouco a pouco iremos despedindo o fresco. #AbreAXanela… Seguir lendo A Xanela Diaria: Martes 13 de Xullo
A Xanela Diaria: Luns 12 de Xullo
? Abrimos a #XanelaDiaria do Luns e vemos un comezo de semana con nubes e claros e con chuvascos, probables en calquera punto, pero estarán máis presentes no norte e oeste de #Galicia. Ao interior sur apenas chegarán precipitacións. ? Descenso moi marcado dos termómetros, especialmente no interior, onde haberá que restar ata 8-10ºC menos… Seguir lendo A Xanela Diaria: Luns 12 de Xullo
PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 10-11 DE XULLO
(‼) PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA ☀ SÁBADO: Moito sol en xeral con algunha nube no norte, nada importante. Calor no sur especialmente con máximas por riba dos 30ºC no interior e rondando os 28ºC nas Rías Baixas. ? DOMINGO: Máis nubes no norte de #Coruña e #Lugo onde mesmo hai risco dalgún orballo… Seguir lendo PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 10-11 DE XULLO
A Xanela Diaria: Venres 9 de Xullo
? Abrimos a #XanelaDiaria do Venres e vemos unha xornada de moito sol con algunha nube no norte, sen maior importancia. ? Temperaturas máximas en ascenso ata valores superiores aos 30ºC no val do Miño e rondando os 26ºC nas Rías Baixas. #AbreAXanela
A Xanela Diaria: Xoves 8 de Xullo
? Abrimos a #XanelaDiaria do Xoves e vemos como recuperamos a influencia anticiclónica. Teremos algunhas nubes no norte pero con ceo moi aberto no centro e sur de #Galicia. ? As temperaturas van subindo e xa superarán os 26ºC de máxima no Miño de #Ourense e os 24ºC nas Rías Baixas. Ambiente máis agradable. #AbreAXanela