A Xanela Diaria: Mércores 24 de Novembro

? Abrimos a xanela diaria do Mércores e vemos moitas nubes con chuvascos na Mariña e tamén nas comarcas máis orientais. Algo podería escaparse no resto, pero moi moi feble. Vento do norte moderado. ? Temperaturas en lixeiro descenso e sensacións térmicas baixas debido ao intenso vento. #AbreAXanela 🙂

A Xanela Diaria: Luns 22 de Novembro

? Abrimos a #XanelaDiaria do Luns e vemos cambios en forma de chuvias frecuentes e localmente intensas no extremo norte, especialmente nas comarcas da Mariña. Menor probabilidade de chuvia canto máis ao sur. Ventos fortes do nordés no litoral norte, zonas expostas e altas. ? Temperaturas en descenso moi marcado, restaremos ata 6-8ºC menos ca… Seguir lendo A Xanela Diaria: Luns 22 de Novembro

A Xanela Diaria: Luns 15 de Novembro

? Boa noite! Abrimos a #XanelaDiaria do Luns e vemos nubes no norte con algún chuvasco moi feble. Ceos máis abertos e sen precipitacións no sur. ? Temperaturas máximas en descenso e mínimas en ascenso, ambiente máis frío que en xornadas pasadas nas horas centráis do día. #AbreAXanela 🙂

PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 13/14 DE NOVEMBRO

? SÁBADO: Nubes altas en xeral, e ventos frouxos. Tempo moi tranquilo con ascenso térmico, máximas que volverán superar os 18º no oeste de #Galicia especialmente. ? DOMINGO: Seguimos con máis do mesmo, pero a diferenza do Sábado, entrarán máis nubes dende o norte, mentras que no resto manterase o ceo despexado. Temperaturas máximas en… Seguir lendo PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 13/14 DE NOVEMBRO