A Xanela Diaria: Luns 24 de Maio

? Tralo paso da fronte durante a noite do Domingo e a madrugada do Luns, comezaremos semana cunha xornada marcada polas nubes e os claros, con chuvascos moi espallados pola xeografía Galega pero sen ser gran cousa, mesmo haberá zonas onde non choverá en todo o día. ? As temperaturas baixarán un chisco, pero non… Seguir lendo A Xanela Diaria: Luns 24 de Maio

A Xanela Diaria: Domingo 23 de Maio

? Domingo pre-frontal. Poucas nubes na meirande parte de Galicia pero a partir da tarde, co achegamento dunha fronte fría dende o Atlántico, comezará a anubrarse pola provincia de A Coruña, onde mesmo xa a partir de media tarde se darán as primeiras chuvias. O vento soprará forte do suroeste en toda a costa norte.… Seguir lendo A Xanela Diaria: Domingo 23 de Maio

A Xanela Diaria: Sábado 22 de Maio

? Sábado de chuvascos intermitentes, localmente intensos pero non hai que agardar gran cousa, máis frecuentes no norte e oeste de Galicia. ? As temperaturas seguen baixando polo que seguimos restando graos a un termómetro que xa estaba marcando valores baixos para a época. Tede bo día! ?

A Xanela Diaria: Venres 21 de Maio

? Venres de nubes e claros, con posibilidade de chuvascos en calquer punto. De caer, moi puntuais e moi pouca cousa. A maior parte da xornada será seca, e haberá zonas onde non chova en todo o día. ? O que si se vai notar vai ser o descenso térmico. Restaremos ata 6/8ºC ás temperaturas… Seguir lendo A Xanela Diaria: Venres 21 de Maio

A Xanela Diaria: Xoves 20 de Maio

? Por diante un Xoves que comezará moi luminoso pero que, co paso das horas, vaise ir anubrando no norte onde, a últimas horas, cairá xa algunha chuvia moi feble. No sur o sol durará todo o día, tan só decorado por algunha nube alta sen importancia. ? As temperaturas seguen subindo a valores diurnos… Seguir lendo A Xanela Diaria: Xoves 20 de Maio

A Xanela Diaria: Luns 17 de Maio

? FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS! Luns marcado polas nubes e os claros, nubes máis presentes no norte e máis claros no sur. Pola mañá podería caer algunha pingueira no norte de Coruña e Lugo, pero moi puntual e residual. ? As temperaturas máximas subirán, ata valores de 18-20ºC no sur e mesmo superando ditos… Seguir lendo A Xanela Diaria: Luns 17 de Maio

A Xanela Diaria: Domingo 16 de Maio

? Trala fronte do Sábado, teremos unha xornada marcada polas nubes e os claros. Hai risco dalgún chuvasco, pero de caer sería moi puntual, pouca cousa e pasaxeiro. ? As temperaturas mínimas baixarán tralo ascendo drástico que tiveron onte, mentras que as máximas seguirán sen grandes cambios. Tede un bo remate de semana 🙂

A Xanela Diaria: Sábado 15 de Maio

? Xornada gris, moitas nubes e con chuvias presentes durante todo o día, con acumulados importantes nas comarcas de Ferrolterra, Ortegal e Eume, e por suposto tamén no prelitoral das Rías Baixas. Serán estas zonas onde as precipitacións sexan máis intensas e persistentes. ? En canto ás temperaturas, subiron moito as mínimas grazas ao vento… Seguir lendo A Xanela Diaria: Sábado 15 de Maio

A Xanela Diaria: Venres 14 de Maio

? Venres que comezará co ceo moi aberto pero que se vai a ir anubrando paseniñamente dende a marxe Atlántica. De feito, nas comarcas do suroeste de Coruña e tamén nas Rías Baixas, xa choverá de xeito feble pola tarde. As nubes tardarán máis en chegar ao interior, onde gozarán dunha xornada máis luminosa. O… Seguir lendo A Xanela Diaria: Venres 14 de Maio