? Boa noite! Abrimos a #XanelaDiaria do Luns e vemos nubes e claros en xeral, máis cuberto pola mañá no oeste Galego pero con tendencia a ir abrindo. Vento moderado do suroeste. ? Temperaturas máximas por riba dos 25ºC no interior e tamén na Mariña Lucense, debido ao vento sur. #AbreAXanela 🙂
Etiqueta: Galicia
PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 16-17 de Outubro
? SÁBADO: Revólvese un pouco a situación debido a un pequeno centro de baixas presións. Hai que agardar un aumento da nubosidade ao longo da mañá e a chegada de precipitacións intermitentes na segunda metade do día. Non serán gran cousa e estarán mais ben centradas no norte e oeste de #Galicia. Os ventos soprarán… Seguir lendo PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 16-17 de Outubro
A Xanela Diaria: Venres 15 de Outubro
? Boa noite! Abrimos a #XanelaDiaria do Venres e vemos nubes altas en xeral pero tamén risco de nubes baixas no litoral debido ao vento tan frouxo. ? Descenden os termómetros pouco a pouco, xa non irá tanta calor coma estes días pasados. #AbreAXanela 🙂
A Xanela Diaria: Mércores 13 de Outubro
? Boa noite! Abrimos a #XanelaDiaria do Mércores e vemos unha nova xornada de moito sol e vento frouxo en xeral. ? As temperaturas, sen cambios. Valores elevadísimos para a época do ano, con calor no sur e oeste especialmente. #AbreAXanela 🙂
A Xanela Diaria: Luns 11 de Outubro
? Abrimos a #XanelaDiaria do Luns e vemos nubes altas sen importancia. Vento forte do nordés na costa norte e frouxo nas Rías Baixas. ? Ascenso térmico, máximas por riba dos 25/26ºC nas Rías Baixas, moita calor para a época do ano. #AbreAXanela 🙂
PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 9-10 DE OUTUBRO
Por diante un Sábado e un Domingo de moito sol en xeral. A única diferenza é que o vento vai aumentar a súa intensidade e o nordés zoará con forza en toda a costa norte especialmente, o que atraerá nubes de tipo baixo á Mariña e tamén, no caso do Sábado, á contorna de Malpica.… Seguir lendo PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 9-10 DE OUTUBRO
A Xanela Diaria: Venres 8 de Outubro
? Abrimos a #XanelaDiaria do Venres e vemos outro diazo de sol, con vento moi frouxo en xeral, agás na Mariña onde o nordés soprará con algo máis de forza. ? As temperaturas, elevadas para a época. Máximas por riba dos 25/26ºC no sur e oeste de #Galicia especialmente. #AbreAXanela 🙂
A Xanela Diaria: Xoves 7 de Outubro
? Abrimos a #XanelaDiaria do Xoves e vemos unha xornada con nubes de tipo alto sen importancia. ? Ascenso térmico, temperaturas que nas horas centrais do día chegarán a superar os 25/26ºC no oeste e zonas baixas do interior de #Galicia. #AbreAXanela 🙂
A Xanela Diaria: Mércores 6 de Outubro
? Boa noite! Abrimos a #XanelaDiaria do Mércores e vemos moito sol con algunha nube alta sen importancia. ? Ascenso térmico, máximas de máis de 23/24ºC xa no sur e oeste de #Galicia. Ambiente máis cálido. #AbreAXanela 🙂
A Xanela Diaria: Martes 5 de Outubro
? Abrimos a #XanelaDiaria do Martes e vemos como pouco a pouco a cousa vaise estabilizando. Pola mañá aínda teremos nubes e algúns chuvascos febles, máis probables no norte, pero que co paso das horas van ir remitindo, á vez que se van ir abrindo claros. Vento frouxo do noroeste. ? As temperaturas tamén se… Seguir lendo A Xanela Diaria: Martes 5 de Outubro