PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 16-17 de Outubro

? SÁBADO: Revólvese un pouco a situación debido a un pequeno centro de baixas presións. Hai que agardar un aumento da nubosidade ao longo da mañá e a chegada de precipitacións intermitentes na segunda metade do día. Non serán gran cousa e estarán mais ben centradas no norte e oeste de #Galicia. Os ventos soprarán… Seguir lendo PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 16-17 de Outubro

PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 9-10 DE OUTUBRO

Por diante un Sábado e un Domingo de moito sol en xeral. A única diferenza é que o vento vai aumentar a súa intensidade e o nordés zoará con forza en toda a costa norte especialmente, o que atraerá nubes de tipo baixo á Mariña e tamén, no caso do Sábado, á contorna de Malpica.… Seguir lendo PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 9-10 DE OUTUBRO

A Xanela Diaria: Venres 8 de Outubro

? Abrimos a #XanelaDiaria do Venres e vemos outro diazo de sol, con vento moi frouxo en xeral, agás na Mariña onde o nordés soprará con algo máis de forza. ? As temperaturas, elevadas para a época. Máximas por riba dos 25/26ºC no sur e oeste de #Galicia especialmente. #AbreAXanela 🙂

A Xanela Diaria: Martes 5 de Outubro

? Abrimos a #XanelaDiaria do Martes e vemos como pouco a pouco a cousa vaise estabilizando. Pola mañá aínda teremos nubes e algúns chuvascos febles, máis probables no norte, pero que co paso das horas van ir remitindo, á vez que se van ir abrindo claros. Vento frouxo do noroeste. ? As temperaturas tamén se… Seguir lendo A Xanela Diaria: Martes 5 de Outubro

A Xanela Diaria: Luns 4 de Outubro

? Abrimos a #XanelaDiaria do Luns e vemos unha nova xornada marcada polos ventos do suroeste. Chuvascos frecuentes no oeste e moito máis espaciados e febles no interior. Contra a tardiña, chegará unha nova fronte. ? Temperaturas sen grandes cambios, aínda que subirán un chisco, tanto as máximas como as mínimas. #AbreAXanela 🙂