A Xanela Diaria: Martes 27 de Xullo

? Abrimos a #XanelaDiaria do Martes e vemos unha xornada de nubes e claros no norte e ambiente máis aberto canto máis ao sur nos atopemos. ? Temperaturas en lixeiro descenso, calorciño no sur pero sen excesos e ademais con valores mínimos que serán entre frescos e fríos, refrescará moito nas madrugadas. #AbreAXanela 🙂

Fin de semana: 24-25 de Xullo

() PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA SÁBADO: Moitas nubes en xeral con chuvascos intermitentes, máis probables no oeste e norte de #Galicia, pero serán chuvias febles, pouca cousa, ao interior sur apenas chegarán. As temperaturas manteranse sen grandes cambios. DOMINGO: Comezará con moitas nubes pero irá abrindo conforme vaian pasando as horas, hai risco… Seguir lendo Fin de semana: 24-25 de Xullo

A Xanela Diaria: Mércores 21 de Xullo

? Abrimos a #XanelaDiaria do Mércores e vemos moito sol no centro e sur de #Galicia, desaparecen as néboas das Rías Baixas pero quedan as nubes baixas no norte. ? Recupéranse as temperaturas no sur, máximas por riba dos 30-32ºC no val do Miño de Ourense e sur de #Lugo. #AbreAXanela 🙂

A Xanela Diaria: Martes 13 de Xullo

? Abrimos a #XanelaDiaria do Martes e vemos unha xornada de nubes e claros, con posibilidade de chuvascos no norte pola mañá principalmente. Ceo máis aberto canto máis ao sur. ? As temperaturas vanse recuperando pouco a pouco, manteranse aínda en valores baixos para a época pero pouco a pouco iremos despedindo o fresco. #AbreAXanela… Seguir lendo A Xanela Diaria: Martes 13 de Xullo

A Xanela Diaria: Xoves 8 de Xullo

? Abrimos a #XanelaDiaria do Xoves e vemos como recuperamos a influencia anticiclónica. Teremos algunhas nubes no norte pero con ceo moi aberto no centro e sur de #Galicia. ? As temperaturas van subindo e xa superarán os 26ºC de máxima no Miño de #Ourense e os 24ºC nas Rías Baixas. Ambiente máis agradable. #AbreAXanela