A Xanela Diaria: Venres 25 de Xuño

? Abrimos a #XanelaDiaria do Venres e vemos unha xornada de moito sol en toda #Galicia agás na Mariña onde o nordés acumulará algunhas nubes de tipo baixo. ? Calor no sur e oeste, con máximas superiores aos 28-29ºC en boa parte da provincia de #Ourense e de #Pontevedra. Valores máis contidos canto máis ao… Seguir lendo A Xanela Diaria: Venres 25 de Xuño

A Xanela Diaria: Xoves 24 de Xuño

? Abrimos a #XanelaDiaria do Xoves e vemos moito sol en toda #Galicia agás na Mariña onde o nordés acumulará algunha nube baixa, mais non debería de estar cuberto. ? As temperaturas máximas superarán xa os 26-27ºC no sur e Rías Baixas, ascenso térmico marcado que nos vai achegando a valores propios da época do… Seguir lendo A Xanela Diaria: Xoves 24 de Xuño

A Xanela Diaria: Mércores 23 de Xuño

? Abrimos a #XanelaDiaria do Mércores e vemos unha xornada xa de anticiclón. Volve o vento do nordés, que soprará moderado e que acumulará nubes no litoral norte e especialmente, coma sempre, na Mariña onde teremos algúns chuvascos. Canto máis ao sur, ceos máis abertos con tránsito de nubes altas sen importancia. ? As temperaturas… Seguir lendo A Xanela Diaria: Mércores 23 de Xuño

A Xanela Diaria: Venres 18 de Xuño

? Abrimos a #XanelaDiaria do Venres e vemos outra xornada de nubes, con chuvascos febles no norte e máis intensos no interior pola tarde, cando virán con treboadas. A zona con menor risco de chuvascos ao longo da xornada serán as Rías Baixas. ? As temperaturas subirán un chisco, pero tampouco e que haxa gran… Seguir lendo A Xanela Diaria: Venres 18 de Xuño

A Xanela Diaria: Xoves 17 de Xuño

? Boa noite! Abrimos a #XanelaDiaria do Xoves e vemos unha xornada inestable, con chuvascos xeneralizados por toda #Galicia, localmente intensos e con algunha treboada puntual. ? As temperaturas si que xa se desploman, irá ata frío en comparación coas temperaturas que tivemos en días pasados. Montaña rusa! #AbreAXanela ☺

A Xanela Diaria: Venres 11 de Xuño

? Abrimos a #XanelaDiaria do Venres e vemos nubes baixas no litoral norte, sol no resto pero con nubes de evolución no interior sur pola tarde, con algunha treboada na montaña e sur de OU. ? Ascenso térmico importante no Baixo Miño. Sen cambios no resto de Galicia. Segue a calor no sur e o… Seguir lendo A Xanela Diaria: Venres 11 de Xuño

PRONÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA

PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA SÁBADO: Xornada plenamente anticiclónica. Algunhas nubes baixas no norte pola mañá que irán rompendo e que darán paso a un Sábado moi luminoso. Ademais, pola tarde no interior medrarán nubes de evolución que poderían dar lugar a algún chuvasco moi puntual en zonas altas de #Ourense e #Lugo. As… Seguir lendo PRONÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA

A Xanela Diaria: Xoves 27 de Maio

? Xornada marcada polo paso de nubes medias e altas, sen consecuencia algunha. A única novidade é que a partir da tarde chegarán nubes de tipo baixo ao noroeste de Coruña (Bergantiños, Fisterra…) e tamén ás Rías Baixas, tipo brétema costeira. ? As temperaturas seguen subindo e os 30ºC están garantizados no val do Miño.… Seguir lendo A Xanela Diaria: Xoves 27 de Maio

A Xanela Diaria: Luns 24 de Maio

? Tralo paso da fronte durante a noite do Domingo e a madrugada do Luns, comezaremos semana cunha xornada marcada polas nubes e os claros, con chuvascos moi espallados pola xeografía Galega pero sen ser gran cousa, mesmo haberá zonas onde non choverá en todo o día. ? As temperaturas baixarán un chisco, pero non… Seguir lendo A Xanela Diaria: Luns 24 de Maio