PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 6-7 de Novembro

Sábado de moito sol con recuperación lixeira das temperaturas máximas, ambiente moi tranquilo tras unha madrugada que volverá ser fría en toda a comunidade, pero máis no interior, como é normal. No Domingo seguiremos con ceo aberto no sur pero canto máis ao norte nos atopemos, as nubes collerán protagonismo, tapando o ceo e mesmo… Seguir lendo PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 6-7 de Novembro

A Xanela Diaria: Venres 5 de Novembro

👉 Abrimos a #XanelaDiaria do Venres e vemos nubes e claros con chuvascos no extremo norte que contra as primeiras horas da tarde se adentrarán tamén cara o interior, pero moi pouca cousa. 📉 As temperaturas máximas ascenden un chisco no norte mentras que no resto seguirán sen cambios, ao igual que as mínimas. Abrigádevos,… Seguir lendo A Xanela Diaria: Venres 5 de Novembro

A Xanela Diaria: Mércores 3 de Novembro

👉 Abrimos a #XanelaDiaria do Mércores e vemos ventos do noroeste moderados, chuvascos intermitentes, por veces acompañados de saraiba e treboadas no norte e aparece a NEVE por riba dos 1200 metros. 📈 As temperaturas baixan, ambiente xa bastante frío, o que ven tocando nesta época. #AbreAXanela 🙂

PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 30-31 DE OUTUBRO

🌧 SÁBADO: Comezará tranquilo e con poucas chuvias trala noite complicada de hoxe, pero co avance do día novas precipitacións irán chegando de sur a norte, sendo máis persistentes e intensas no sur de #Galicia. O refachos serán moderados do suroeste e as temperaturas recuperaranse lixeiramente. 🌧 DOMINGO: A verdade é que non sei nin… Seguir lendo PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 30-31 DE OUTUBRO

A Xanela Diaria: Venres 29 de Outubro

👉 Abrimos a #XanelaDiaria do Venres e vemos nubes e claros durante a maior parte da xornada pero a partir da tarde unha borrasca pasará por riba de #Galicia complicando moito a cousa por mor da chuvia especialmente, xa que os acumulados prometen ser especialmente elevados no sur e oeste. 📉 As temperaturas máximas seguen… Seguir lendo A Xanela Diaria: Venres 29 de Outubro

A Xanela Diaria: Xoves 28 de Outubro

👉 Abrimos a #XanelaDiaria do Xoves e vemos cambios en forma da entrada dunha fronte activa xa dende o mediodía polo oeste de #Coruña con chuvias localmente fortes que se irán adentrando en toda #Galicia pola tarde. 📉 As temperaturas diurnas, en descenso, mentras que as mínimas seguirán a subir. #AbreAXanela 🙂