A Xanela Diaria: Xoves 16 de Setembro

👉 Abrimos a #XanelaDiaria do Xoves e vemos nubes e claros no norte pero con ceos moi abertos canto máis ao sur nos atopemos. Pola tarde, aparecerán nubes de evolución no leste de Ourense. 📈 Ascenso térmico en #Lugo e #Ourense, valores moi agradables, sen chegar a facer calor. #AbreAXanela

A Xanela Diaria: Mércores 15 de Setembro

👉 Abrimos a #XanelaDiaria do Mércores e vemos nubes e claros con algúns chuvascos no extremo norte pero tamén no interior de #Lugo e #Ourense, onde poderán vir con algunha treboada. 📉 As temperaturas manteranse sen grandes cambios, como moito baixarán un chisco no norte da comunidade. #AbreAXanela 🙂

A Xanela Diaria: Luns 13 de Setembro

👉 Abrimos a #XanelaDiaria do Luns e vemos cambios. Nubes altas pero con chegada de chuvascos treboentos a #Lugo e #Ourense a partir da tarde. Na madrugada do Martes, tamén chegarán ao oeste. 📉 Descenso térmico, vaise a calor e volve o ambiente máis agradable pouco a pouco. Bo comezo de semana! 🙂

PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 11/12 DE SETEMBRO

👉 PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA 🌤 Por diante un Sábado e un Domingo moi tranquilos nos que se alternarán os claros coas nubes de tipo medio e alto. Non quedará todo despexado xa que polo Atlántico vaise ir achegando unha nova bolsa de aire frío que nos afectará co comezo de semana mais,… Seguir lendo PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 11/12 DE SETEMBRO

A Xanela Diaria: Venres 10 de Setembro

👉 Abrimos a #XanelaDiaria do Venres e vemos nubes e claros con posibilidade de chuvascos febles e dispersos, máis probables no oeste pero con tendencia a ir remitindo e tamén a ir abrindo o ceo pouco a pouco. 📈 As temperaturas máximas ascenderán lixeiramente mentras que as mínimas baixarán un chisco tralo paso da fronte… Seguir lendo A Xanela Diaria: Venres 10 de Setembro

A Xanela Diaria: Mércores 8 de Setembro

👉 Abrimos a #XanelaDiaria do Mércores e vemos chuvascos intermitentes, probables en calquera momento pero moito máis frecuentes e intensos na metade oeste. Ventos do suroeste. 📉 Temperaturas en descenso, seguen baixando os termómetros, vaise a calor e chega o ambiente máis fresco. #AbreAXanela 🙂

A Xanela Diaria: Martes 7 de Setembro

👉 Abrimos a #XanelaDiaria do Martes e vemos ambiente inestable con chuvascos probables en calquera punto, localmente intensos e acompañados de treboadas nalgunhas zonas. 📉 Descenso térmico, fará calor no norte e interior pero as temperaturas non serán tan elevadas. No oeste, os valores tamén baixarán, polo que o ambiente será xa máis fresco. #AbreAXanela… Seguir lendo A Xanela Diaria: Martes 7 de Setembro

A Xanela Diaria: Mércores 1 de Setembro

👉 Abrimos a #XanelaDiaria do Mércores e vemos unha xornada inestable, con probabilidade alta de chuvascos no sur xa dende pola mañá, pero as treboadas máis fortes toparémolas pola tarde no interior sur, a provincia de #Ourense semella que vai ser a máis afectada. No norte non se agardan chuvascos e volverán as nubes baixas… Seguir lendo A Xanela Diaria: Mércores 1 de Setembro