? Abrimos a #XanelaDiaria do Martes e vemos unha xornada que comezará con sol pero que se irá anubrando e ademais con chegada de chuvias febles dende o norte que a partir da tarde tamén chegarán ao sur. ? As temperaturas máximas baixarán no oeste mentras que no interior e norte mesmo subirán un chisco,… Seguir lendo A Xanela Diaria: Martes 3 de Agosto
Categoría: axaneladiaria
A Xanela Diaria: Luns 2 de Agosto
? Boa noite! Abrimos a #XanelaDiaria do Luns e vemos unha xornada tranquila, de vento frouxo e con nubes e claros no ceo, con máis claros que nubes no sur de #Galicia onde as temperaturas subirán bastante, rondando os 28ºC no val do Miño máis interior. #AbreAXanela 🙂
A Xanela Diaria: Venres 30 de Xullo
? Boa noite! Abrimos a #XanelaDiaria do Venres e vemos cambios en forma de nubes e claros. con algún chuvasco feble, e ademais con ambiente máis fresco, xa que baixan as temperaturas. #AbreAXanela 🙂
A Xanela Diaria: Xoves 29 de Xullo
? Boa noite! Abrimos a #XanelaDiaria do Xoves e vemos nubes e claros no norte pero con ceos moi abertos no centro e sur. ? Temperaturas en lixeiro ascenso no interior sur con máximas por riba dos 29ºC. Ambiente máis fresco no norte. #AbreAXanela
A Xanela Diaria: Mércores 28 de Xullo
? Boa noite! Abrimos a #XanelaDiaria do Mércores e vemos unha xornada de sol no centro e sur con máximas un chisco máis altas ca hoxe, calor suave. No norte haberá algunhas nubes empurradas polo nordés, onde o ambiente será máis fresquiño. #AbreAXanela 🙂
A Xanela Diaria: Martes 27 de Xullo
? Abrimos a #XanelaDiaria do Martes e vemos unha xornada de nubes e claros no norte e ambiente máis aberto canto máis ao sur nos atopemos. ? Temperaturas en lixeiro descenso, calorciño no sur pero sen excesos e ademais con valores mínimos que serán entre frescos e fríos, refrescará moito nas madrugadas. #AbreAXanela 🙂
A Xanela Diaria: Luns 26 de Xullo
? Boa noite! Abrimos a #XanelaDiaria do Luns e vemos unha xornada de nubes e claros no norte de #Coruña e #Lugo pero con moito sol no resto. ? As temperaturas máximas van subindo e chegarán aos 24ºC nas Rías Baixas e a 26/28ºC no val do Miño de #Ourense. #AbreAXanela
A Xanela Diaria: Venres 23 de Xullo
? Boa noite! Abrimos a #XanelaDiaria do Venres e vemos unha xornada de chuvascos, por veces moderados e que serán máis frecuentes no oeste e norte, ao interior sur apenas chegarán. ? Descenso térmico, que se notará especialmente nas temperaturas máximas do interior de #Galicia #AbreAXanela ?
A Xanela Diaria: Mércores 21 de Xullo
? Abrimos a #XanelaDiaria do Mércores e vemos moito sol no centro e sur de #Galicia, desaparecen as néboas das Rías Baixas pero quedan as nubes baixas no norte. ? Recupéranse as temperaturas no sur, máximas por riba dos 30-32ºC no val do Miño de Ourense e sur de #Lugo. #AbreAXanela 🙂
A Xanela Diaria: Martes 20 de Xullo
? Moi boa noite! Miramos a través da #XanelaDiaria e vemos un Martes con algunhas néboas no litoral e ambiente máis aberto no interior. ? Seguen baixando un chisco os termómetros, esquecémonos da calor forte de días pasados. #AbreAXanela 🙂