A Xanela Diaria: Mércores 21 de Xullo

? Abrimos a #XanelaDiaria do Mércores e vemos moito sol no centro e sur de #Galicia, desaparecen as néboas das Rías Baixas pero quedan as nubes baixas no norte. ? Recupéranse as temperaturas no sur, máximas por riba dos 30-32ºC no val do Miño de Ourense e sur de #Lugo. #AbreAXanela 🙂

A Xanela Diaria: Luns 19 de Xullo

? Abrimos a #XanelaDiaria do Luns e vemos sol no interior pero con brétemas costeiras rondando por toda a primeira liña de costa, o que provocará que o ambiente nesas zonas sexa máis gris ? As temperaturas baixan un chisco pero no interior seguirán en valores elevados, aínda que sen ser tan altas as máximas… Seguir lendo A Xanela Diaria: Luns 19 de Xullo

A Xanela Diaria: Martes 13 de Xullo

? Abrimos a #XanelaDiaria do Martes e vemos unha xornada de nubes e claros, con posibilidade de chuvascos no norte pola mañá principalmente. Ceo máis aberto canto máis ao sur. ? As temperaturas vanse recuperando pouco a pouco, manteranse aínda en valores baixos para a época pero pouco a pouco iremos despedindo o fresco. #AbreAXanela… Seguir lendo A Xanela Diaria: Martes 13 de Xullo

A Xanela Diaria: Xoves 8 de Xullo

? Abrimos a #XanelaDiaria do Xoves e vemos como recuperamos a influencia anticiclónica. Teremos algunhas nubes no norte pero con ceo moi aberto no centro e sur de #Galicia. ? As temperaturas van subindo e xa superarán os 26ºC de máxima no Miño de #Ourense e os 24ºC nas Rías Baixas. Ambiente máis agradable. #AbreAXanela

A Xanela Diaria: Mércores 7 de Xullo

? Abrimos a #XanelaDiaria do Mércores e vemos unha xornada de nubes e claros con chuvascos, máis probables no norte e oeste de #Galicia. Ao interior sur apenas chegarán precipitacións. ? As temperaturas comezan a recuperarse pouco a pouco, pero de momento o ascenso será moi pequeno, polo que seguimos con ambiente fresco para a… Seguir lendo A Xanela Diaria: Mércores 7 de Xullo