A Xanela Diaria: Domingo 16 de Maio

👉 Trala fronte do Sábado, teremos unha xornada marcada polas nubes e os claros. Hai risco dalgún chuvasco, pero de caer sería moi puntual, pouca cousa e pasaxeiro. 📉 As temperaturas mínimas baixarán tralo ascendo drástico que tiveron onte, mentras que as máximas seguirán sen grandes cambios. Tede un bo remate de semana 🙂

A Xanela Diaria: Sábado 15 de Maio

👉 Xornada gris, moitas nubes e con chuvias presentes durante todo o día, con acumulados importantes nas comarcas de Ferrolterra, Ortegal e Eume, e por suposto tamén no prelitoral das Rías Baixas. Serán estas zonas onde as precipitacións sexan máis intensas e persistentes. 📈 En canto ás temperaturas, subiron moito as mínimas grazas ao vento… Seguir lendo A Xanela Diaria: Sábado 15 de Maio

A Xanela Diaria: Venres 14 de Maio

👉 Venres que comezará co ceo moi aberto pero que se vai a ir anubrando paseniñamente dende a marxe Atlántica. De feito, nas comarcas do suroeste de Coruña e tamén nas Rías Baixas, xa choverá de xeito feble pola tarde. As nubes tardarán máis en chegar ao interior, onde gozarán dunha xornada máis luminosa. O… Seguir lendo A Xanela Diaria: Venres 14 de Maio

A Xanela Diaria: Xoves 13 de Maio

👉 Xoves marcado pola chegada dunha fronte activa durante a primeira metade do día, con precipitacións abundantes e persistentes, máis cuantiosas na marxe Atlántica e especialmente na provincia de Pontevedra. Co paso das horas, a fronte vaise ir movendo cara o leste, persistindo algo máis as chuvias no interior de Lugo e Ourense, e quedando… Seguir lendo A Xanela Diaria: Xoves 13 de Maio

A Xanela Diaria: Martes 11 de Maio

👉 Por diante un Martes, de novo, marcado pola inestabilidade atmosférica. Pola mañá sucederanse os chuvascos e a partir da tarde, unha fronte asociada a unha pequena borrasca que pasará moi preto de #Galicia, irá entrando dende as Rías Baixas, descargando precipitacións máis persistentes. Ollo ao vento porque a partir da tarde tamén aumentará a… Seguir lendo A Xanela Diaria: Martes 11 de Maio

A Xanela Diaria: Luns 10 de Maio

👉 Comezaremos semana cun Luns de chuvascos intermitentes, por veces intensos e máis frecuentes na marxe Atlántica. Poderán vir con saraiba e tamén con algunha treboada puntual. O vento soprará moderado de compoñente oeste. 📉 As temperaturas seguen baixando, os valores serán baixos para a época do ano e teremos que falar de sensación de… Seguir lendo A Xanela Diaria: Luns 10 de Maio

A Xanela Diaria: Domingo 9 de Maio

👉 Domingo de chaparróns intermitentes, serán máis frecuentes e intensos na marxe Atlántica. Non choverá seguido, pero por veces caerá con forza, con saraiba e con algunha treboada. Vento moderado do suroeste, con refachos fortes. 📉DESCENSO TÉRMICO moi marcado, moita diferenza respecto aos valores do Sábado, ambiente frío. Tede un bo final de semana! 🙂

A Xanela Diaria: Sábado 8 de Maio

👉 Sábado marcado polo ceo moi aberto no 90% de Galicia, só nas comarcas occidentais da provincia de Coruña, o vento do sur, que soprará forte, acumulará máis nubes de tipo baixo que mesmo tamén deixarán algunhas chuvias febles nas zonas típicas. 📈 As temperaturas experimentarán un bo ascenso no interior e norte, onde, especialmente… Seguir lendo A Xanela Diaria: Sábado 8 de Maio

A Xanela Diaria: Venres 7 de Maio

👉 Por diante un Venres de ceo moi aberto no norte e interior Galego, mentras que na marxe Atlántica pola mañá, mesmo teremos algunhas chuvias febles, moi pouca cousa. Co avance do día, as nubes iranse retirando e quedarán moi pegadas á costa, xa sen chuvias. 📈 As temperaturas van ir subindo pouco a pouco,… Seguir lendo A Xanela Diaria: Venres 7 de Maio