A Xanela Diaria: Venres 7 de Maio

👉 Por diante un Venres de ceo moi aberto no norte e interior Galego, mentras que na marxe Atlántica pola mañá, mesmo teremos algunhas chuvias febles, moi pouca cousa. Co avance do día, as nubes iranse retirando e quedarán moi pegadas á costa, xa sen chuvias. 📈 As temperaturas van ir subindo pouco a pouco,… Seguir lendo A Xanela Diaria: Venres 7 de Maio

A Xanela Diaria: Xoves 6 de Maio

👉 Xoves con moitas nubes e chuvias febles intermitentes, principalmente na metade oeste e centro de Galicia. Co paso das horas, a partir de media mañá, o ceo irá abrindo dende o norte e o interior, cando xa non se agardan precipitacións en ningún punto. 📈 As temperaturas subirán na metade norte debido ao vento… Seguir lendo A Xanela Diaria: Xoves 6 de Maio

A Xanela Diaria: Martes 4 de Maio

👉 Martes no que comeza a cambiar o conto. Os ventos do oeste van collendo protagonismo, polo tanto, a humidade será maior. O ceo alternarase con nubes e claros, nubes que irán a máis a partir de media tarde dende o norte Galego onde xa teremos algunha chuvia feble. 📉 As temperaturas seguen sen grandes… Seguir lendo A Xanela Diaria: Martes 4 de Maio

A Xanela Diaria: Domingo 2 de Maio

👉 O aire frío en altura vaise ir afastando pero non de todo. Nubes e claros con ceos máis abertos nas Rías Baixas. Pola tarde, aumentarán as nubes no interior de Lugo e Ourense, onde hai risco dalgún chuvasco, pero moi puntual. 📈 As temperaturas máximas vanse ir recuperando tras unha madrugada moi fría, con… Seguir lendo A Xanela Diaria: Domingo 2 de Maio

A Xanela Diaria: Sábado 1 de Maio

👉 Comezamos mes e seguimos con ambiente revolto. A probabilidade de chuvascos seguirá sendo elevada no norte e interior Galego, pero non serán gran cousa, bastante dispersos e que, de caer, acumularán pouca cantidade de auga. 📉 O que si temos que falar é de frío e de temperaturas baixas para a época, e, ademais,… Seguir lendo A Xanela Diaria: Sábado 1 de Maio

A Xanela Diaria: Venres 30 de Abril

👉 Por diante un Venres que será practicamente un calco do Xoves. Nubes e claros con posibilidade dalgún chuvasco, máis frecuentes e probables na metade norte de Coruña e Lugo, pero que co paso das horas se adentrarán tamén cara as comarcas do centro de Galicia. En todo caso, pouca cousa. 🟡 As temperaturas manteranse… Seguir lendo A Xanela Diaria: Venres 30 de Abril

A Xanela Diaria: Xoves 29 de Abril

👉 Xoves de nubes e claros, con risco dalgún chuvasco en calquer punto, en todo caso, non serán gran cousa e serán febles e dispersos. 📉 Seguen baixando as temperaturas, estamos nunha semana bastante máis fría, alí onde o vento norte sopre con refachos moderados, mesmo teremos sensación de frío Tede bo día! 🙂

A Xanela Diaria: Mércores 28 de Abril

👉 Mércores no que as nubes e os claros van ser os protagonistas da xornada. Nas Rías Baixas, o vento do norte vai limpar de nubes o ceo, polo que nesa zona haberá moito sol. No extremo sueste de Ourense, na fronteira con Portugal e con Castela e Leon, medrarán chaparróns pola tarde que descargarán… Seguir lendo A Xanela Diaria: Mércores 28 de Abril