A Xanela Diaria: Luns 25 de Outubro

👉 Boa noite! Abrimos a #XanelaDiaria do Luns e vemos nubes e claros en xeral, con risco dalgún chuvasco moi feble e illado pero moi pouca cousa de caer algo, e sería pola mañá. Nubes baixas e néboas no interior que irán abrindo moi pouco a pouco. 📈 As temperaturas recupéranse lixeiramente, aínda que o… Seguir lendo A Xanela Diaria: Luns 25 de Outubro

PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 23-24 DE OUTUBRO

🌤 SÁBADO: Nubes altas que se pasearán polo ceo Galego pero sen maior importancia. Non se agardan precipitacións, o vento soprará frouxo e as temperaturas máximas subirán un chisco, polo que o ambiente será máis temperado ca dias pasados, con valores rondando os 18-19ºC nas horas centrais na meirande parte de #Galicia. 🌦 DOMINGO: Chega… Seguir lendo PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 23-24 DE OUTUBRO

A Xanela Diaria: Venres 22 de Outubro

👉 Abrimos a #XanelaDiaria do Venres e vemos circulación do nordés, con algúns chuvascos na Mariña e moito sol canto máis ao sur nos atopemos. 📈 As temperaturas máximas suben lixeiramente no sur mentras que as mínimas baixarán, será unha madrugada máis fría, polo que a primeira hora fará falta unha chaquetiña. #AbreAXanela 🙂

A Xanela Diaria: Martes 19 de Outubro

👉 Abrimos a #XanelaDiaria do Martes e vemos unha xornada de nubes altas en xeral, sen precipitacións, pero con refachos fortes de vento do sur/suroeste. 📈 As temperaturas, en ascenso. Calor para a época do ano e máximas por riba dos 26ºC no interior e norte de #Galicia especialmente. #AbreAXanela 🙂

A Xanela Diaria: Luns 18 de Outubro

👉 Boa noite! Abrimos a #XanelaDiaria do Luns e vemos nubes e claros en xeral, máis cuberto pola mañá no oeste Galego pero con tendencia a ir abrindo. Vento moderado do suroeste. 📈 Temperaturas máximas por riba dos 25ºC no interior e tamén na Mariña Lucense, debido ao vento sur. #AbreAXanela 🙂

PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 16-17 de Outubro

🌦 SÁBADO: Revólvese un pouco a situación debido a un pequeno centro de baixas presións. Hai que agardar un aumento da nubosidade ao longo da mañá e a chegada de precipitacións intermitentes na segunda metade do día. Non serán gran cousa e estarán mais ben centradas no norte e oeste de #Galicia. Os ventos soprarán… Seguir lendo PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 16-17 de Outubro

PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 9-10 DE OUTUBRO

Por diante un Sábado e un Domingo de moito sol en xeral. A única diferenza é que o vento vai aumentar a súa intensidade e o nordés zoará con forza en toda a costa norte especialmente, o que atraerá nubes de tipo baixo á Mariña e tamén, no caso do Sábado, á contorna de Malpica.… Seguir lendo PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA: 9-10 DE OUTUBRO