A Xanela Diaria: Xoves 8 de Xullo

👉 Abrimos a #XanelaDiaria do Xoves e vemos como recuperamos a influencia anticiclónica. Teremos algunhas nubes no norte pero con ceo moi aberto no centro e sur de #Galicia. 📈 As temperaturas van subindo e xa superarán os 26ºC de máxima no Miño de #Ourense e os 24ºC nas Rías Baixas. Ambiente máis agradable. #AbreAXanela

A Xanela Diaria: Mércores 7 de Xullo

👉 Abrimos a #XanelaDiaria do Mércores e vemos unha xornada de nubes e claros con chuvascos, máis probables no norte e oeste de #Galicia. Ao interior sur apenas chegarán precipitacións. 📈 As temperaturas comezan a recuperarse pouco a pouco, pero de momento o ascenso será moi pequeno, polo que seguimos con ambiente fresco para a… Seguir lendo A Xanela Diaria: Mércores 7 de Xullo

A Xanela Diaria: Martes 6 de Xullo

👉 Abrimos a #XanelaDiaria do Martes e vemos unha xornada de nubes e claros con chuvascos máis probables e frecuentes nas provincias Atlánticas. Ás zonas máis interiores de #Lugo e #Ourense apenas chegarán precipitacións. 📉 Tralo paso da fronte, chega unha masa de aire máis fresco que fará descender os termómetros a valores baixos para… Seguir lendo A Xanela Diaria: Martes 6 de Xullo

A Xanela Diaria: Luns 5 de Xullo

👉 Abrimos a #XanelaDiaria do Luns e vemos unha xornada de moito vento do sur, previo a unha fronte que barrerá #Galicia pola tarde, con precipitacións moderadas. Aínda así, no interior antes da chegada desta liña teremos o ceo moi aberto, non será así no oeste onde o vento do sur xa aportará humidade e… Seguir lendo A Xanela Diaria: Luns 5 de Xullo

Pronóstico para a fin de semana: 3-4 de Xullo

() PROGNÓSTICO PARA A FIN DE SEMANA SÁBADO: Ventos do suroeste frouxos, con refachos moderados na costa da morte. Dita compoñente achegará nubes e humidade á marxe Atlántica das Rías Baixas onde está previsto que haxa moitas nubes e con algúns orballos. En terra teremos nubes e claros pero co avance da tarde, as nubes… Seguir lendo Pronóstico para a fin de semana: 3-4 de Xullo

A Xanela Diaria: Venres 2 de Xullo

👉 Abrimos a #XanelaDiaria e vemos un Venres no que volve mudar o conto. Voltamos aos ventos do suroeste que nos aportarán máis humidade, nubes e chuvascos, probables en calquera punto pero con maior risco na provincia de #Pontevedra. 📉 As temperaturas volven baixar de novo para volver ter un ambiente máis fresco, con valores… Seguir lendo A Xanela Diaria: Venres 2 de Xullo

A Xanela Diaria: Xoves 1 de Xullo

👉Abrimos a #XanelaDiaria do primeiro de Xullo e vemos nubes altas paseándose polo ceo, con nubes de tipo baixo rondando a costa norte e tamén a posibilidade de brétemas costeiras nas Rías Baixas. 📈 As temperaturas subirán en toda #Galicia agás nas Rías Baixas onde o vento do oeste impedirá dito ascenso e mesmo que… Seguir lendo A Xanela Diaria: Xoves 1 de Xullo

A Xanela Diaria: Martes 29 de Xuño

👉 Abrimos a #XanelaDiaria do Martes e vemos nubes e claros no norte e ceos máis abertos canto máis ao sur nos atopemos. Hai risco dalgún chuvasco moi feble no norte de #Coruña e #Lugo pola mañá. 📈 As temperaturas iranse recuperando pouco a pouco e no sur e Rías Baixas xa se superarán os… Seguir lendo A Xanela Diaria: Martes 29 de Xuño