Prognóstico para a fin de semana: 18 e 19 de Setembro

? SÁBADO: Algúns chuvascos presentes no norte e centro de #Galicia especialmente, pero con tendencia a remitir. No sur non se agardan precipitacións. O vento soprará do noroeste frouxo en xeral, agás na Mariña onde haberá refachos moderados. Polo demais, as temperaturas baixarán aínda un chisco máis, tanto as diurnas como as nocturnas.

? DOMINGO: Hai que agardar un aumento das nubes coa chegada dun sistema frontal que a priori será máis feble que o de hoxe e afectará especialmente ao norte. Polo tanto, na provincia de #Ourense e sur de #Lugo por exemplo, apenas hai que agardar precipitacións ata ben entrada a tarde. O vento virá a suroeste, con refachos moderados na costa norte. Ascenso térmico das máximas mentras que as mínimas seguirán baixando aínda un chisco máis.

Tede boa finde!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*