A Xanela Diaria: Mércores 28 de Abril

a xanela diaria

👉 Mércores no que as nubes e os claros van ser os protagonistas da xornada. Nas Rías Baixas, o vento do norte vai limpar de nubes o ceo, polo que nesa zona haberá moito sol. No extremo sueste de Ourense, na fronteira con Portugal e con Castela e Leon, medrarán chaparróns pola tarde que descargarán algunhas treboadas. No resto, non se agardan precipitacións.

📉 Chega unha masa de aire máis frío dende o norte, polo que as temperaturas baixarán, será un Mércores máis fresquiño.

Tede bo día! 🙂

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*