? Por diante un Martes, de novo, marcado pola inestabilidade atmosférica. Pola mañá sucederanse os chuvascos e a partir da tarde, unha fronte asociada a unha pequena borrasca que pasará moi preto de #Galicia, irá entrando dende as Rías Baixas, descargando precipitacións máis persistentes. Ollo ao vento porque a partir da tarde tamén aumentará a súa intensidade e, ao longo da noite, soprará con forza en toda a comunidade.
?En canto ás temperaturas, seguen sen cambios, polo que continuamos co ambiente frío para a época.
Tede un super Martes! 🙂