? Abrimos a #XanelaDiaria do Mércores e vemos outra xornada inestable, con avisos por treboadas fortes e todo o interior Galego. Na costa, os chuvascos serán menos probables e nas Rías Baixas, que e era a que se libraba das nubes baixas estes días, irá rondando a brétema costeira. ? As temperaturas baixarán de xeito… Seguir lendo A Xanela Diaria: Mércores 16 de Xuño
Etiqueta: agora
A Xanela Diaria: Luns 7 de Xuño
? Comezaremos unha nova semana cun tempo practicamente calcado ao do Domingo. Moito sol no centro e sur de #Galicia pero con algunhas nubes, acumuladas polo nordés, na Mariña e tamén en Bergantiños. ? As temperaturas seguen o seu ascenso. Máis de 30ºC no Miño de #Ourense e sur de #Lugo. As brisas aparecerán nas… Seguir lendo A Xanela Diaria: Luns 7 de Xuño
A Xanela Diaria: Venres 4 de Xuño
? Mirade que mapa tan solleiro nos amosa a #XanelaDiaria do Venres! Moito sol en toda #Galicia, poderá haber algunha nube residual no extremo norte de Coruña e Lugo pero decorativa e axiña se desfará. ? A madrugada será fresca pero as temperaturas nas horas centrais do día van subir a valores por riba dos… Seguir lendo A Xanela Diaria: Venres 4 de Xuño
A Xanela Diaria: Sábado 22 de Maio
? Sábado de chuvascos intermitentes, localmente intensos pero non hai que agardar gran cousa, máis frecuentes no norte e oeste de Galicia. ? As temperaturas seguen baixando polo que seguimos restando graos a un termómetro que xa estaba marcando valores baixos para a época. Tede bo día! ?
A Xanela Diaria: Venres 21 de Maio
? Venres de nubes e claros, con posibilidade de chuvascos en calquer punto. De caer, moi puntuais e moi pouca cousa. A maior parte da xornada será seca, e haberá zonas onde non chova en todo o día. ? O que si se vai notar vai ser o descenso térmico. Restaremos ata 6/8ºC ás temperaturas… Seguir lendo A Xanela Diaria: Venres 21 de Maio
A Xanela Diaria: Xoves 20 de Maio
? Por diante un Xoves que comezará moi luminoso pero que, co paso das horas, vaise ir anubrando no norte onde, a últimas horas, cairá xa algunha chuvia moi feble. No sur o sol durará todo o día, tan só decorado por algunha nube alta sen importancia. ? As temperaturas seguen subindo a valores diurnos… Seguir lendo A Xanela Diaria: Xoves 20 de Maio
A Xanela Diaria: Mércores 19 de Maio
?Si, HOXE VAI ESTAR BO! ? Por diante un Mércores moi luminoso e con poucas nubes no ceo, moito sol en xeral e ambiente moi tranquilo. ? As temperaturas diurnas, por riba dos 22ºC no sur e Rías Baixas, valores xa propios da época. Tede bo día!?
A Xanela Diaria: Luns 17 de Maio
? FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS! Luns marcado polas nubes e os claros, nubes máis presentes no norte e máis claros no sur. Pola mañá podería caer algunha pingueira no norte de Coruña e Lugo, pero moi puntual e residual. ? As temperaturas máximas subirán, ata valores de 18-20ºC no sur e mesmo superando ditos… Seguir lendo A Xanela Diaria: Luns 17 de Maio
A Xanela Diaria: Xoves 13 de Maio
? Xoves marcado pola chegada dunha fronte activa durante a primeira metade do día, con precipitacións abundantes e persistentes, máis cuantiosas na marxe Atlántica e especialmente na provincia de Pontevedra. Co paso das horas, a fronte vaise ir movendo cara o leste, persistindo algo máis as chuvias no interior de Lugo e Ourense, e quedando… Seguir lendo A Xanela Diaria: Xoves 13 de Maio
A Xanela Diaria: Mércores 12 de Maio
? Entre fronte e fronte, por diante un Mércores marcado polo vento de compoñente oeste e polos chuvascos intermitentes, probables en calquera punto e localmente moderados. ? As temperaturas vanse recuperando pouco a pouco, pero os valores seguen sendo baixos para a época do ano. Tede bo día! 🙂