A Xanela Diaria: Xoves 13 de Maio

a xanela

👉 Xoves marcado pola chegada dunha fronte activa durante a primeira metade do día, con precipitacións abundantes e persistentes, máis cuantiosas na marxe Atlántica e especialmente na provincia de Pontevedra. Co paso das horas, a fronte vaise ir movendo cara o leste, persistindo algo máis as chuvias no interior de Lugo e Ourense, e quedando máis tipo chuvasco na marxe Atlántica e norte de Galicia.

📈 A pesar das chuvias, os termómetros seguen recuperándose paseniñamente, e mesmo se rondarán os 20ºC de temperatura máxima no val do Miño, pero os 18ºC acadaranse en moitas zonas de Galicia.

Pasade un gran día!☺

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*