A Xanela Diaria: Venres 14 de Maio

axanela

👉 Venres que comezará co ceo moi aberto pero que se vai a ir anubrando paseniñamente dende a marxe Atlántica. De feito, nas comarcas do suroeste de Coruña e tamén nas Rías Baixas, xa choverá de xeito feble pola tarde. As nubes tardarán máis en chegar ao interior, onde gozarán dunha xornada máis luminosa. O vento soprará forte do suroeste na costa norte.

📈 As temperaturas ascenden no interior e na Mariña Lucense, onde rondarán valores máximos en torno aos 20ºC ou un chisco máis

Tede un gran día! ☺

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*